Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas

Historia da Reforma Agraria e Desamortizacións

Historia2,95 KB

A reforma agraria liberal

A reforma agraria liberal incluía tres ámbitos esenciais que consagraban os principios de propiedade privada e de libre dispoñibilidade da propiedade:

  • A disolución do réxime señorial: Produciuse pola lei do 26 de agosto de 1837. Os señores perdían as súas atribucións xurisdicionais (exercer xustiza), porén, conservaban a propiedade das terras que os campesiños non puidesen acreditar documentalmente como propias. Deste xeito, os campesiños que tradicionalmente traballaron esas terras perdían todo o dereito e pasaban a ser simples arrendatarios ou xornaleiros.
  • A desvinculación: Supresión de morgados, padroados e fideicomisos en 1837. Libera definitivamente as terras dos patrimonios vinculados e os seus propietarios
...
Seguir lendo "Historia da Reforma Agraria e Desamortizacións" »

Orde constitucional e partidos en España (1837–1843)

Historia3,16 KB

A nova orde constitucional

A nova orde constitucional: Os progresistas desmantelaron o antigo réxime e implantaron o réxime liberal. As Cortes abriron en 1836 e escribiron unha constitución que se aprobou en xuño de 1837. Esta constitución recoñecía o principio de soberanía nacional, varios dereitos cidadáns, a división de poderes e o estado católico.

Creáronse leis como a Lei da Imprenta (control sobre o que se publica) e a Lei Electoral (sufraxio a maiores de 25 anos con renda mínima). O novo sistema impulsou a reforma agraria, que se centraba na abolición dos señoríos, na desvinculación dos morgados e na desamortización de bens do clero regular e secular. Consolidouse a liberdade de contratación na industria e no comercio....

Seguir lendo "Orde constitucional e partidos en España (1837–1843)" »

Movemento Obreiro e Conflitividade Agraria en España (Séculos XIX-XX)

Historia2,97 KB

O Movemento Obreiro en España (Século XX)

O Anarquismo: CNT e FAI

  • A CNT (Confederación Nacional do Traballo) chegou a ser a principal asociación sindical nas décadas iniciais do século XX. A partir de 1923 os sindicatos cenetistas foron clausurados. En plena clandestinidade, os máis radicais fundaron en 1927 a Federación Anarquista Ibérica (FAI).
  • Os máis extremistas defenderon o emprego da propaganda a través da acción: atentados contra intereses e personalidades da clase dominante para conseguir o derrubamento da orde establecida.

As Organizacións Socialistas Marxistas

No nacemento destas organizacións destacou o tipógrafo ferrolán Pablo Iglesias.

  • O Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) foi fundado clandestinamente en 1879.
...
Seguir lendo "Movemento Obreiro e Conflitividade Agraria en España (Séculos XIX-XX)" »

A Semana Tráxica e as Reformas de José Canalejas

Historia2,63 KB

A Semana Tráxica

En xullo de 1909, o exército español sufriu unha derrota en Marrocos, a do Barranco do Lobo. O Goberno considerou que estes ataques ameazaban o prestixio internacional de España, de modo que decretou a mobilización dos reservistas. A opinión pública de esquerdas e as organizacións obreiras opuxéronse. O embarque das tropas en Barcelona provocou o inicio dunha folga xeral convocada por socialistas e anarquistas contra a guerra e o Goberno, que foi un éxito. Construíronse barricadas nas rúas de Barcelona e queimáronse conventos. Durante unha semana, as masas populares foron donas da cidade ata que o envío de reforzos militares fixo que a insurrección fose dominada. Unha vez restablecida a orde pública, levouse...

Seguir lendo "A Semana Tráxica e as Reformas de José Canalejas" »

A Crise da Restauración e o Reinado de Afonso XIII (1902-1931)

Historia2,77 KB

O Reinado de Afonso XIII e a Crise da Restauración (1902-1931)

Os Inicios do Reinado e as Propostas de Reforma (1902-1916)

En maio de 1902 iniciouse o reinado de Afonso XIII, quen mostraba unha forte inclinación por intervir nos asuntos políticos. Durante o seu reinado produciuse a desarticulación do sistema canovista da Restauración, debido a:

Causas da Crise e Descomposición do Sistema

  • Intervencións do monarca en asuntos políticos e militares.
  • Fraccionamento e descomposición dos partidos dinásticos, tras a desaparición de Cánovas e Sagasta. Os novos líderes non aglutinaron a todos os seus partidarios e entraron nunha descomposición interna.
  • Crecente papel do exército na vida política, en defensa dos seus intereses corporativos e
...
Seguir lendo "A Crise da Restauración e o Reinado de Afonso XIII (1902-1931)" »

O Sexenio Democrático (1868-1874): Revolución e Constitución

Historia2,58 KB

O Sexenio Democrático (1868 – 1874)

A Revolución de 1868

Nun contexto de malestar social crecente, provocado polas malas colleitas, as dificultades económicas da industria pola crise do sector algodonero provocada pola suba de prezos que ocasionou a guerra de Sucesión en EEUU e das finanzas orixinada pola caída do valor das accións ferroviarias diante da evidencia de que os investimentos en ferrocarril non eran rendibles. A remolque desta situación produciuse unha caída do valor da débeda pública e doutras entidades financeiras, e o descontento da maioría da clase política polas actuacións da raíña, uníronse todos os grupos políticos baixo un mesmo lema:

A Revolución Gloriosa

O 19 de setembro do ano 1868, a escuadra concentrada

...

Seguir lendo "O Sexenio Democrático (1868-1874): Revolución e Constitución" »

A Constitución de 1837 e o Réxime Progresista (1836-1843)

Historia2,49 KB

O Réxime Progresista (1836-1843)

En 1836 accederon ao Goberno os progresistas, os cales restauraron a Constitución de 1812 e as leis do Trienio Liberal. Convocaron Cortes para establecer as novas bases do sistema político, onde se creou unha nova Constitución baixo a que gobernaron tanto moderados coma progresistas.

A Constitución de 1837

Foi elaborada co obxectivo básico de garantir a estabilidade política e a alternancia no poder de progresistas e moderados. Esta Constitución adoptaba os principios do liberalismo doutrinario:

  • Soberanía compartida entre o rei e a nación.
  • O rei exercía o poder executivo, nomeaba e separaba libremente os seus ministros, compartía coas Cortes o lexislativo, sancionaba ou vetaba as leis e convocaba, suspendía
...
Seguir lendo "A Constitución de 1837 e o Réxime Progresista (1836-1843)" »

Segunda República: reformas e conflito social (2.ª parte)

Historia2,56 KB

Comentario: Segunda República (2.ª parte)

No ámbito do exército

Necesitábase unha reforma, xa que o exército presentaba graves deficiencias na estrutura e no equipamento. Para iso elaborouse a Lei Azaña que, entre outras medidas, establecía a esixencia de que todos os mandos xurasen a fidelidade á República (como se fai referencia no documento 1); a supresión da Lei de Xurisdicións de 1906; e a supresión da Academia Militar de Zaragoza (que dirixía Franco). Estas reformas crearon malestar entre algúns sectores do exército.

No campo agrario

Nesta época España seguía sendo un país básicamente rural, cunha situación moi grave no campesiñado. Para mellorar esa situación adoptáronse varias medidas: en primeiro lugar, o goberno...

Seguir lendo "Segunda República: reformas e conflito social (2.ª parte)" »

A Segunda República Española: Reformas e Contexto

Historia2,62 KB

Comentario da II República Española

Os seguintes documentos permítenme analizar o período republicano:

  • Documento 1: Recolle un decreto publicado na Gaceta de Madrid o 23 de abril de 1931, onde se expón que todos os xefes, oficiais e asimilados militares terán que prestar solemne promesa de adhesión e fidelidade á República.
  • Documento 2: Recolle un discurso dito por Manuel Azaña o 13 de outubro de 1931, no que se expoñen os principais problemas que debe afrontar a República (prestando especial atención á cuestión relixiosa).
  • Documento 3: Recolle a Lei de bases da reforma agraria elaborada no ano 1932.
  • Documento 4: Recolle a publicación do Estatuto de Autonomía de Cataluña na Gaceta de Madrid en setembro de 1932.
  • Documento 5: Recolle
...
Seguir lendo "A Segunda República Española: Reformas e Contexto" »

As Revolucións Liberais: Independencia de EEUU e Revolución Francesa (1776-1814)

Historia3,38 KB

A Revolución Liberal (1776-1814)

2.1 Independencia e Revolución nos EEUU

A primeira revolución liberal desenvolveuse nas colonias inglesas de América do Norte. En 1776, enfrontadas por motivos comerciais e fiscais, trece colonias proclamaron a súa independencia con respecto a Inglaterra. Ao mesmo tempo, cada colonia converteuse nun Estado diferente con goberno propio, formulándose declaracións de principios.

O 4 de xullo de 1776, os 13 estados fixeron unha Declaración conxunta de Independencia e decidiron formar unha confederación: Os Estados Unidos de América. En 1783 (Tratado de Versalles), Gran Bretaña recoñeceu a independencia dos EEUU. En 1787, os 13 estados pactaron a creación dunha república federal na que cada estado conserva...

Seguir lendo "As Revolucións Liberais: Independencia de EEUU e Revolución Francesa (1776-1814)" »