Guía da Literatura Galega: Nova Narrativa e Teatro
A Nova Narrativa Galega
A Nova Narrativa Galega xorde na década dos 50. O seu desenvolvemento abrangue dende 1954, coa publicación de Nace unha árbore de Gonzalo Mourullo, ata 1970, con Cara a Times Square de Camilo Gonsar.
Características principais
- Formación: Os autores comparten formación universitaria, inquietudes galeguistas e experiencia como viaxeiros por Europa.
- Estilo: Levan a cabo unha narración renovadora e experimental. Interésalles a narración sen andadura lóxica, sen protagonista individual e sen historia lineal.
- Influencias: M. Proust, Kafka, J. Joyce, W. Faulkner e Sigmund Freud.
- Temas: A ditadura, a industrialización, a sociedade de consumo, a soidade, o terror e a angustia.
- Técnicas: Narrador-protagonista, narrador observador,