A Literatura Galega de Posguerra: Xeracións e Autores
A Xeración do 36
Grupo de escritores nados entre 1910 e 1920, que viviron a Guerra Civil e reflectiron nas súas obras as repercusións daquel feito. Son escritores de ponte (continuaron tendencias de preguerra ao tempo que transmitiron aos novos poetas o espírito da Xeración Nós).
Destacan:
- Luís Pimentel: Unha das voces máis ricas deste período.
- Aquilino Iglesias.
- Álvaro Cunqueiro: Continúa publicando poemas neotrobadorescos e evoluciona a unha liña propia de reflexión existencial, coa presenza de mitos persoais e do eu lírico.
- Celso Emilio Ferreiro: Poeta máis destacado. Introduce a poesía social-realista en Galicia cunha liña lírica centrada no antibelicismo, a amizade e a emigración. O libro "Longa noite de pedra", escrito durante