O Sexenio Democrático (1868-1874): Revolución e Constitución
O Sexenio Democrático (1868 – 1874)
A Revolución de 1868
Nun contexto de malestar social crecente, provocado polas malas colleitas, as dificultades económicas da industria pola crise do sector algodonero provocada pola suba de prezos que ocasionou a guerra de Sucesión en EEUU e das finanzas orixinada pola caída do valor das accións ferroviarias diante da evidencia de que os investimentos en ferrocarril non eran rendibles. A remolque desta situación produciuse unha caída do valor da débeda pública e doutras entidades financeiras, e o descontento da maioría da clase política polas actuacións da raíña, uníronse todos os grupos políticos baixo un mesmo lema:
A Revolución Gloriosa
O 19 de setembro do ano 1868, a escuadra concentrada na baía de Cádiz sublevouse contra o goberno de Isabel II. Prim reuniuse cos sublevados e rapidamente conseguiron o apoio da poboación de Cádiz, que se fixo dona da cidade. Prim foi sublevando as cidades españolas. As consignas utilizadas eran semellantes en tódolos lugares: sufraxio universal, abolición dos impostos de consumos e das quintas, e eleccións a Cortes Constituíntes.
O goberno e maila Coroa atopáronse completamente illados. No ano 1868 moi poucos os apoiaban: nin tan sequera tódolos moderados, senón soamente a pequena "camarilla" situada arredor do goberno e de Isabel II. Ademais, o apoio incondicional da Raíña ao gabinete moderado ligou a súa sorte á do moderantismo, e os sublevados deixaran ben claro que a desaparición da Raíña - e mais da dinastía- era esencial para poder rexenerar a vida pública española. Isabel II partiu en exilio cara a Francia o 29 de setembro do ano 1868.
Nesas semanas, o poder efectivo estivo en mans das Xuntas Revolucionarias e do movemento popular, que asumiron a dirección da revolta e consolidaron o pronunciamento, transformando un golpe militar nunha revolución que rematou o moderantismo e destronou os Borbóns. En 1868 houbo diversas revolucións lideradas por: Prim (progresistas) ou Serrano (unionistas). Os dirixentes unionistas e progresistas tomaron a dirección do movemento, constituíron un Goberno provisional, ordenaron disolver as Xuntas e desarmar a Milicia Nacional que noutrora lles dera apoio e, por último, deixaron patente que unha cousa era derrocar aos Borbóns e outra poñer en dúbida a propiedade privada ou querer proclamar a república federal.