Segunda República: reformas e conflito social (2.ª parte)
Comentario: Segunda República (2.ª parte)
No ámbito do exército
Necesitábase unha reforma, xa que o exército presentaba graves deficiencias na estrutura e no equipamento. Para iso elaborouse a Lei Azaña que, entre outras medidas, establecía a esixencia de que todos os mandos xurasen a fidelidade á República (como se fai referencia no documento 1); a supresión da Lei de Xurisdicións de 1906; e a supresión da Academia Militar de Zaragoza (que dirixía Franco). Estas reformas crearon malestar entre algúns sectores do exército.
No campo agrario
Nesta época España seguía sendo un país básicamente rural, cunha situación moi grave no campesiñado. Para mellorar esa situación adoptáronse varias medidas: en primeiro lugar, o goberno provisional, dirixido por Largo Caballero, estableceu a obriga de que os patróns contratasen xornaleiros residentes no concello; despois, en 1932, aprobouse a Lei de bases da reforma agraria (como se fai referencia no documento 3), que autorizaba a expropiación de terras concedidas en usufruto aos campesiños asentados nelas; e, finalmente, foi aprobada a Lei de intensificación de cultivos.
No ámbito educativo
O goberno de Azaña desenvolveu unha intensa política educativa destinada a diminuír o analfabetismo e a mellorar o nivel cultural da poboación. Na Constitución configurouse a nova filosofía educativa: ensino obrigatorio, gratuíto e laico.
Autonomía catalana
En canto á autonomía catalá, a Constitución republicana estableceu que o Estado integral republicano era compatible coa autonomía dos municipios e das rexións. Por tanto, aquelas zonas que, por afinidades históricas, culturais e económicas, decidisen organizarse como rexión autónoma deberían elaborar un Estatuto de Autonomía. Os cataláns foron os primeiros en elaborar o seu Estatuto, que foi aprobado polos concellos cataláns en xuño e polas Cortes en setembro de 1932 (como se fai referencia no documento 4). Este Estatuto garantiu a Cataluña moitas das súas aspiracións.
Oposición e conflitos
Desde o inicio da República, as reformas contaron coa oposición dos oligárquicos e dun sector dos militares, que intentaron paralizalas co golpe de Estado de 1932. Os xornaleiros, ante a lentitude da reforma agraria e influenciados polo anarquismo, intentaron levar a cabo a revolución social. As forzas políticas da dereita conseguiron formar unha gran coalición.