Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas

Traballo, Tecnoloxía e Tecnocracia: Unha Análise Filosófica

Filosofía e ética2,85 KB

      TRABALLO,TECNOLOXÍ A E TECNOCRACIA

+TRABALLO ,SER HUMANO E SOCIEDADE
?
ACCIÓN PRODUCTIVA con finalidade CONSCIENTE e INTERSUBXECTIVA
• Ten lugar : SOCIDADE e ESTRUCTURAA = base da orde social ( E.M. Nobres-servos etc? Determina:
MARCO ECONÓMICO??
MERCADO ( producto= prezo
•Relación coa natureza inmediata ou con mediacións?Relación coa natureza inmediata ou con mediacións? SATISFACCIÓN de necesidades primarias ou secundarias?A diferenza do animal ( = aproveita o medio) supón a ESENCIA DO HOME ( revela a súa universalidade)
•Elabora ferramentas producindo obras e bens
•A traveso del transformase o Home ( se obxetiva e plasma)e a natureza conforme a un fin

+ PROPIEDADE E TRABALLO ALIENADO
PROPIEDADE= dereito...

Seguir lendo "Traballo, Tecnoloxía e Tecnocracia: Unha Análise Filosófica" »

O Franquismo: Evolución, Etapas e Oposición (1939-1975)

Historia3,03 KB

Franquismo nos anos 40 vs. anos 60-70

Contexto

Tras a vitoria de Francisco Franco na Guerra Civil Española, instaurouse unha ditadura baseada na concentración de poder no xefe do Estado, a represión e a ausencia de liberdades. Durante todo o réxime, Franco apoiouse en tres piares fundamentais:

  • O Exército
  • A Igrexa
  • A Falanxe

Estes piares sustentaban política e ideoloxicamente a ditadura.

Diferenzas

Nos anos 40, o réxime tiña unha forte influencia da Falanxe, que controlaba gran parte da vida política e social. A Igrexa católica apoiaba claramente o franquismo a cambio de privilexios e control sobre a educación. O Exército tamén era un apoio fundamental do réxime e aseguraba a estabilidade da ditadura.

Nos anos 60 e 70, produciuse unha evolución...

Seguir lendo "O Franquismo: Evolución, Etapas e Oposición (1939-1975)" »

O Pacto Social e a Crítica de Locke ao Absolutismo

Historia4,26 KB

O Pacto Social e a Crítica de Locke

Este texto analiza a transición do estado de natureza á sociedade civil mediante o pacto social e a crítica de Locke á monarquía absoluta. Para Locke, os seres humanos no estado de natureza son libres, iguais e pacíficos, pero carecen dun mecanismo estable para resolver conflitos ou defender os seus dereitos. Por iso, deciden formar unha sociedade política, cedendo parte da súa liberdade individual a un poder público que garanta a xustiza e protexa os dereitos naturais.

Contexto histórico: O século XVII

O século XVII en Europa caracterizouse polo auxe do absolutismo. En Inglaterra, o reinado de Carlos I estivo marcado pola tensión entre a Coroa e o Parlamento, así como entre católicos e protestantes....

Seguir lendo "O Pacto Social e a Crítica de Locke ao Absolutismo" »

Nacionalismo vasco e catalán: orixes e diferenzas

Historia2,76 KB

Catalán vs. Vasco — O nacionalismo vasco e o nacionalismo catalán xurdiron no século XIX como resposta ao centralismo do Estado español e ao proceso de modernización, aínda que presentaron diferencias claras no seu desenvolvemento e nas súas aspiracións políticas.

O nacionalismo vasco

  • O nacionalismo vasco apareceu de forma máis temperá, moi influído polos Dereitos Forais, un sistema propio de leis e privilexios que o Estado liberal tentou suprimir. A defensa destes foros foi a base inicial da súa reivindicación política.
  • A figura clave do movemento foi Sabino Arana, fundador do Partido Nacionalista Vasco (PNV) en 1895, quen formulou un proxecto claramente independentista, apoiado na defensa da lingua euskera, da cultura e da identidade
...
Seguir lendo "Nacionalismo vasco e catalán: orixes e diferenzas" »

Decretos de Nova Planta: Centralización e Reformas de Filipe V

Historia5,3 KB

Os Decretos de Nova Planta e o Centralismo Borbónico

Orixe e obxectivos das reformas de Filipe V

Desde a súa chegada ao trono de España, Filipe V introduciu numerosas reformas políticas e administrativas inspiradas no modelo francés. Estas reformas buscaban un maior grao de centralización do poder político e de unificación lexislativa e institucional.

A abolición dos privilexios forais da Coroa de Aragón

Considerados rebeldes por tomar partido por Carlos de Habsburgo na Guerra de Sucesión, os reinos da Coroa de Aragón perderon a súa autonomía política e institucional. Filipe V, apoiado na forza militar das súas tropas e a medida que ía recuperando territorios, aboliu os privilexios de:

  • Aragón e Valencia en 1707.
  • Mallorca en 1715.
...
Seguir lendo "Decretos de Nova Planta: Centralización e Reformas de Filipe V" »

Termos Históricos de España: Pronunciamento, Estatuto Real e Movementos Sociais

Historia3,1 KB

Terminoloxía Histórica Clave

Pronunciamento

Levantamento militar, xunto cunha parte da sociedade que se pronuncia para modificar o sistema político. Os máis coñecidos son entre absolutistas e liberais no reinado de Fernando VII, e os progresistas contra conservadores con Isabel II.

Estatuto Real

Decreto de 1835 no que María Cristina de Borbón convoca as Cortes de España. Considérase unha carta outorgada porque a Coroa rehusaba do poder absoluto en pro dunha ampla participación política (oligárquica). Aínda así, posuía a soberanía e non había división de poderes.

Unión Liberal

Partido político do xeneral O'Donnell xunto con esquerda moderada, militares e dereita progresista. Eran partidarios do goberno constitucional de Isabel...

Seguir lendo "Termos Históricos de España: Pronunciamento, Estatuto Real e Movementos Sociais" »

Galicia nos Austrias: agricultura, pesca e fidalguía

Historia3,28 KB

Economía e sociedade na Galicia dos Austrias

A agricultura e as súas transformacións

O Reino de Galicia, como a maior parte de Europa, continuou sendo unha economía agraria e rural durante os séculos XVI e XVII. A agricultura do século XVI rexistrou un aumento da produción a nivel cuantitativo pero dentro das pautas tradicionais tanto nos tipos de cultivos como nas técnicas. Foi grazas á introdución de novos cultivos —como o millo e a pataca— durante o século XVII que a produción agrícola aumentou, facilitando o incremento demográfico dos séculos XVII e XVIII.

Paralelamente, durante estes séculos o foro consolidouse como o tipo de contrato principal. Trátase dun acordo de longa duración (por exemplo, pola vida de tres reis)...

Seguir lendo "Galicia nos Austrias: agricultura, pesca e fidalguía" »

Glosario de Termos Históricos de España e Galicia

Historia9,67 KB

Aula Regia

Asemblea política de carácter laico cuxa creación se atribúe a Leovixildo, na monarquía visigoda hispana. Está formada por un consello de notables que colaboran cos xefes militares e co rei. Ten un carácter consultivo, polo que o rei non está na obriga de aceptar as súas decisións. Colabora na redacción de leis e na impartición de xustiza. Dátanse entre os séculos VI e VIII d.C.

Bárbaros

Termo pejorativo que fai referencia aos pobos que non falan nin grego nin latín. Denomínase así aos pobos de Asia e Europa que, a partir de principios do século V d.C., ocupan partes do territorio do Imperio Romano. Na Península Ibérica destaca a entrada a partir do 409 d.C. de vándalos, alanos, suevos e visigodos.

Castro

Poboado...

Seguir lendo "Glosario de Termos Históricos de España e Galicia" »

Conceptos Clave da Historia de España e Galicia

Historia6,5 KB

Glosario de Termos Históricos

Economía predadora

Economía predadora caracterizada por consumir os recursos da natureza sen xerar produción e que está baseada na caza de animais, a pesca e a recolección de froitos silvestres. É característica do Paleolítico. Oponse á economía produtiva.

Megalitismo

Megalitismo: cultura xurdida no Calcolítico en numerosas áreas peninsulares e europeas e caracterizada polas construcións con finalidades funerarias, feitas a base de grandes pedras que dan nome á cultura megalítica. A súa tipoloxía é variada: dólmenes, menhires, taulas...

Castro

Castro: poboado característico dos pobos prerromanos no noroeste peninsular. Estaban situados en lugares defensivos e rodeados de fortificacións de pedra...

Seguir lendo "Conceptos Clave da Historia de España e Galicia" »

A Reforma Agraria da II República Española: Obxectivos e Consecuencias

Historia4,04 KB

A Reforma Agraria da II República

Un dos elementos centrais do proceso reformista impulsado polos gobernos republicanos foi a reforma agraria. O seu obxectivo era facer fronte á desigual distribución da propiedade da terra, para mellorar a situación do campesiñado e incrementar a produtividade agrícola.

A existencia de masas de campesiños sen terras, xornaleiros das rexións latifundistas do sur, e de pequenos propietarios e arrendatarios ao límite da subsistencia nas rexións setentrionais, constituía un problema endémico en España. Por iso a reforma agraria converteuse nunha das principais reivindicacións do campesiñado.

Medidas Precursoras (Goberno Provisional)

Antes da súa aprobación en 1932, o goberno provisional de Niceto Alcalá-...

Seguir lendo "A Reforma Agraria da II República Española: Obxectivos e Consecuencias" »