Orde constitucional e partidos en España (1837–1843)
A nova orde constitucional
A nova orde constitucional: Os progresistas desmantelaron o antigo réxime e implantaron o réxime liberal. As Cortes abriron en 1836 e escribiron unha constitución que se aprobou en xuño de 1837. Esta constitución recoñecía o principio de soberanía nacional, varios dereitos cidadáns, a división de poderes e o estado católico.
Creáronse leis como a Lei da Imprenta (control sobre o que se publica) e a Lei Electoral (sufraxio a maiores de 25 anos con renda mínima). O novo sistema impulsou a reforma agraria, que se centraba na abolición dos señoríos, na desvinculación dos morgados e na desamortización de bens do clero regular e secular. Consolidouse a liberdade de contratación na industria e no comercio.
A volta ao poder dos Moderados (1837 640)
A volta ao poder dos Moderados (1837-1840): Os moderados gañaron as eleccións de 1837. Destacou a Lei de Concellos, que lle outorgaba á coroa a facultade de nomear aos alcaldes das capitais de provincia. María Cristina lles deu o seu apoio aos moderados, pero o enfrontamento resolveuuse a favor dos progresistas, que tiveron no xeneral Espartero ao seu líder. A raíña, obrigada a renunciar á rexencia, marchou ao exilio en 1840 e aparece un novo rexente.
A rexencia de Espartero (1840 643)
A rexencia de Espartero (1840-1843): Espartero foi nomeado rexente. Aprobou o arancel librecambista que abría o mercado español aos tecidos de algodón ingleses (1842). A industria téxtil catalana sentiuse ameazada e produciuse o levantamento de Barcelona, xa que vían perigo nos seus postos de traballo. En 1843 un novo levantamento forzou a saída de Espartero.
A quebra do réxime progresista, encabezada por Narváez, levou aos moderados ao poder. Tras a indecisión para ter un novo goberno, as Cortes adiantaron a maioría de idade de Isabel II para gobernar.
Os primeiros partidos políticos
Os primeiros partidos políticos:
Moderados (Narváez, Luis González Bravo, Murillo)
- Clases: Altas clases.
- Obxectivos: buscaban o dereito á propiedade, sufraxio censatario, Garda Civil, defensa da Igrexa, limitacións de dereitos individuais e control do goberno central.
Progresistas (Mendizábal, Baldomero Espartero, Prim)
- Clases: clases medias.
- Obxectivos: buscaban o sufraxio burgués, soberanía nacional, defensa dos dereitos individuais, limitación da Igrexa, reforzamento dos concellos e a Milicia Nacional.
Demócratas (Pi i Margall, Salmerón)
- Clases: clase media baixa.
- Obxectivos: buscaban seguridade individual, dereito á liberdade de expresión, ensino primario, reparto equitativo das contribucións, sufraxio universal masculino e un estado laico.
Republicanos (Pi i Margall, Salmerón)
- Clases: clase media.
- Obxectivos: buscaban soberanía nacional, sen rei, unha cámara e sufraxio universal.