Conceptos Clave da Historia de España no Século XIX
Abdicacións de Baiona
Renuncias sucesivas, acontecidas na cidade francesa de Baiona en 1808, de Carlos IV e o seu fillo Fernando VII ao trono de España en favor de Napoleón Bonaparte, quen pouco despois cedeu eses dereitos ao seu irmán, que reinou co nome de Xosé I Bonaparte.
Afrancesados
Reducido grupo de españois que apoiou a Xosé I Bonaparte nas tarefas de goberno. Consideraban que o reformismo autoritario francés era o único medio para lograr a renovación e o cambio en España. Ao finalizar a Guerra de Independencia foron perseguidos e moitos exiliáronse a Francia.
Cantonalismo
Modelo de organización territorial que defende a creación dun estado composto por unidades políticas territoriais soberanas —os cantóns— que mediante