Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Lingua e literatura

Vida e obra de Rosalía de Castro: unha análise da súa traxectoria literaria

Lingua e literatura2,77 KB

Rosalía de Castro: Unha vida marcada pola literatura

Infancia e mocidade

Rosalía de Castro naceu froito dunha relación ilexítima. O seu pai estudaba para sacerdote e os seus pais non estaban casados. Foi acollida por unha tía paterna en Padrón, onde entrou en contacto co mundo popular e coa lingua galega, algo fundamental na súa obra.

Aos trece anos, a súa nai recoñécea e van vivir a Santiago de Compostela. Alí, Rosalía estuda na Sociedade Económica de Amigos do País, unha institución da Ilustración que promovía a cultura. Tamén acude ao Liceo da Xuventude, un centro cultural frecuentado pola primeira xeración de intelectuais galegos. Sábese que Rosalía participou activamente neste lugar, onde coñeceu a Eduardo Pondal e a...

Seguir lendo "Vida e obra de Rosalía de Castro: unha análise da súa traxectoria literaria" »

Rexurdimento Galego: Historia e Autores Clave

Lingua e literatura3,72 KB

O Rexurdimento Galego: Contexto e Características

Tras un período de decadencia, a ideoloxía liberal xorde con forza. Un exemplo disto é a obra de Francisco Añón, quen, a pesar das súas ideas liberais, sufriu encarceramento durante o Trienio Liberal e, posteriormente, co regreso de Fernando VII, falecendo finalmente no cárcere. A súa obra, de corte neoclásico e escrita en verso, critica os matrimonios concertados, carentes de amor verdadeiro.

Despois deste período, anterior á década de 1840, chega o Rexurdimento, un movemento amplo e complexo con compoñentes ideolóxicos, políticos e culturais. O seu obxectivo principal foi a defensa e dignificación de Galicia e dos seus habitantes, así como o fomento da literatura en galego....

Seguir lendo "Rexurdimento Galego: Historia e Autores Clave" »

Os Séculos Escuros: Historia e Literatura Galega (Séculos XVI-XVIII)

Lingua e literatura3,96 KB

Os Séculos Escuros

Aparece en España unha idea negativa de Galiza e do galego, que se vai espallar ata o noso país e entre os galegos da época. Esta idea provocou unha autoxenreira que prevaleceu varios séculos, os chamados Séculos Escuros, un período histórico que abrangue tres séculos e parte doutro, e que provocou a case desaparición do galego como lingua escrita.

O Contexto Sociolingüístico

O galego seguiu sendo a lingua maioritariamente falada en Galiza; de feito, moitos non sabían falar outra lingua. Asemade, a nobreza, o clero e a administración sufriron unha brutal castelanización, polo que falamos dunha pequena minoría castelán-falante que ostentaba todo o poder (relixión, política, comercio, etc.).

Acentuación da Castelanización

...
Seguir lendo "Os Séculos Escuros: Historia e Literatura Galega (Séculos XVI-XVIII)" »

Séculos Escuros: declive do galego

Lingua e literatura4,04 KB

A castelanización de Galicia

A conquista andaluza provoca a perda de importancia do Camiño de Santiago e que a gañen territorios como Segovia ou Toledo. Galicia converterase nun país sen peso sociopolítico, un territorio marxinal. A posterior desgaleguización da aristocracia, a política centralista dos Reis Católicos e a revolución dos Irmandiños van acentuar esta situación.

Perda de autonomía

Galicia perderá o seu monarca, o que provoca que o rei de León e Castela asuma esta monarquía. Galicia asume así as Cortes de Castela, perdendo case toda a súa autonomía.

O galego no Século de Ouro

Durante o Século de Ouro español os galegos recibirán un trato totalmente negativo na literatura. O termo "galego" será un verdadeiro insulto,...

Seguir lendo "Séculos Escuros: declive do galego" »

A Poesía Galega Contemporánea: Finais do XX e Comezos do XXI

Lingua e literatura3,88 KB

Poesía Galega: Finais do Século XX e Comezos do XXI

1975 foi o ano do cambio. Morre Franco e comeza para Galicia e para España a etapa democrática máis extensa da súa historia. A presenza da lingua e literatura galegas no ensino e a oficialidade do noso idioma supoñen un impulso para a promoción da literatura galega.

No eido da poesía, Con pólvora e magnolias foi quen marcou ese cambio. O libro rompe co socialrealismo e abre temas novos e variados: intimismo existencial, metafísica, mitoloxía cultural, político-social, redescobre a linguaxe e presenta un novo estilo máis culturalista.

Características da Poesía Galega nos Anos Oitenta

  • Ruptura co socialrealismo. Distanciamento entre o poeta e a sociedade.
  • Busca de novos suxeitos líricos
...
Seguir lendo "A Poesía Galega Contemporánea: Finais do XX e Comezos do XXI" »

Lingua Minorizada e Minoritaria: O Proceso de Normalización do Galego

Lingua e literatura2,57 KB

Conceptos Fundamentais: Lingua Minoritaria e Minorizada

Lingua Minoritaria

Son as usadas por comunidades lingüísticas pequenas en número, independentemente da consideración social que teñan.

Lingua Minorizada

Son aquelas que, sendo historicamente propias dun pobo, sofren un retroceso nos seus ámbitos de uso debido á presión doutra lingua allea a ese territorio. A súa presenza social é menor da porcentaxe que lle correspondería polo número de falantes.

O factor básico desencadeante da minorización dunha lingua é a competencia desigual cunha ou varias linguas alleas de maior prestixio. A lingua débil desa convivencia desequilibrada está sometida a condicións sociopolíticas que restrinxen os seus usos e funcións: fálase entón...

Seguir lendo "Lingua Minorizada e Minoritaria: O Proceso de Normalización do Galego" »

Sociolingüística Galega: Características e Contexto Histórico

Lingua e literatura2,2 KB

Sociolingüística Galega

Características Lingüísticas

  • Simplificación da ortografía.
  • Eliminación de apóstrofos.
  • Redución do uso do guión.
  • Utilízase só o acento agudo.
  • Preferencia pola solución -án para masculino e feminino.
  • Alternancia na formación do plural das palabras rematadas en -n e -l.
  • Continúan as tendencias puristas no léxico e evítanse castelanismos.
  • Redúcense os arcaísmos e lusismos.

A editorial Galaxia, fundada en 1950, terá unha influencia patente nesta etapa do galego escrito. Créase en 1971 o Instituto da Lingua Galega (ILG). Neste contexto saíron dúas obras destacables: a Gramática elemental del gallego común de Ricardo Carballo Calero e os métodos de aprendizaxe do ILG, Gallego 1, Gallego 2 e Gallego 3. En 1970...

Seguir lendo "Sociolingüística Galega: Características e Contexto Histórico" »

Poesía Galega de Posguerra: Promoción de Enlace e Festas Minervais

Lingua e literatura4,36 KB

A poesía galega entre 1936 e 1976

O silencio e a recuperación cultural

O silencio literario imposto polo franquismo impide a publicación de calquera obra escrita en galego ata que no ano 1947 Aquilino Iglesia Alvariño escriba Cómaros Verdes.

Será no ano 1950 cando se poida empezar a falar dunha certa recuperación cultural grazas á fundación da editorial Galaxia, iniciativa de Ramón Piñeiro e Fernández del Riego que pretenderon devolver o prestixio á lingua e á cultura galega, así como servir de ponte entre as vellas promocións e as xeracións máis novas.

Tendencias poéticas na posguerra

Continuación de estilos de preguerra

Ata os anos 60 continúan as tendencias poéticas de preguerra: o neotrobadorismo de Xosé María Álvarez

...
Seguir lendo "Poesía Galega de Posguerra: Promoción de Enlace e Festas Minervais" »

A Lingua Galega no Século XX: Historia, Recuperación e Desafíos

Lingua e literatura3,16 KB

A Lingua Galega no Século XX

Continúa o proceso de recuperación e expansión da lingua galega iniciado no século anterior durante o período do Rexurdimento.

As Irmandades da Fala e a Normalización Lingüística

As Irmandades da Fala (1916), iniciativa de Antón Vilar Ponte, tiveron como obxectivo principal a dignificación e normalización da lingua galega en todos os niveis.

No seo das Irmandades xurdiron o Grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos, que continuaron a tarefa de difusión e reivindicación do idioma. Tamén se dedicaron ao estudo e á investigación da realidade galega. Escribíronse as primeiras obras en galego, centradas no estudo e divulgación da historia e da cultura galegas: xeografía, etnografía, historia, filosofía,...

Seguir lendo "A Lingua Galega no Século XX: Historia, Recuperación e Desafíos" »

Historia da Lingua Galega no Século XX: Rexurdimento e Resistencia

Lingua e literatura2,41 KB

O Galego no Século XX: Recuperación e Resistencia

Primeiro Terzo do Século XX: O Rexurdimento Cultural

Durante o século XX avanza o proceso de recuperación cultural iniciado no século XIX. O galego comezou a usarse en ámbitos dos que desaparecera ou nunca estivera presente ata chegar á democracia. Se nos centramos no primeiro terzo deste século, hai que destacar a creación das Irmandades da Fala, que tiñan como obxectivo a utilización exclusiva do galego, así como impulsar a narrativa e o teatro.

A Xeración Nós estende o uso do galego a todos os xéneros literarios e será a responsable da revista Nós. En 1923 constitúese o Seminario de Estudos Galegos, formado por universitarios que investigan Galicia. A última institución...

Seguir lendo "Historia da Lingua Galega no Século XX: Rexurdimento e Resistencia" »