Eduardo Pondal e a Narrativa Galega do Século XIX
Eduardo Pondal: Biografía e Contexto
Eduardo Pondal naceu en Ponteceso, no seo dunha familia fidalga. A paisaxe da comarca de Bergantiños será o marco espacial do seu mundo mítico. Estudou bacharelato en Santiago de Compostela e participou nas actividades do Liceo de la Juventud, onde coñeceu a mocidade galeguista do seu tempo. En 1860 rematou a carreira de medicina e marchou a Ferrol para exercer a súa profesión, que abandonou axiña para retornar á casa natal e dedicarse por enteiro á literatura. Viviu longas tempadas na Coruña e compartiu amizade cos galeguistas Murguía e Carré. Asistiu ás tertulias da Cova Céltica, grupo formado por intelectuais interesados por Galicia e a súa cultura e defensores da orixe celta do noso pobo. Alí foi considerado un "bardo" (poeta e guía espiritual das sociedades celtas).
A Narrativa Galega no Século XIX
Na literatura do século XIX, a poesía foi o xénero máis cultivado, debido á anómala situación da lingua galega naquel tempo e á ausencia dun público acostumado a este tipo de obras. Moitas das obras narrativas foron publicadas na prensa da época, tanto relatos como novelas.
A Novela Galega do Século XIX
Principais novelistas
- Marcial Valladares (A Estrada, 1821-1903): Ademais de poeta e estudoso da lingua, é o autor da primeira novela moderna: Maxina ou a filla espúrea (escrita en 1870 e publicada por entregas durante 1880).
- Antonio López Ferreiro (Santiago, 1837-1910): É o máis importante novelista do século XIX. É autor de novelas históricas de tipo romántico: A tecedeira de Bonaval (1894).
O Conto Literario Galego
O conto ou relato tivo unha presenza máis abundante ca novela, debido á menor complexidade deste xénero e tamén polo seu carácter ruralista, costumista e sentimental, con frecuentes descricións paisaxísticas e abundantes elementos humorísticos e picarescos.
Autores destacados do conto galego
- Valentín Lamas Carvajal (Ourense, 1849-1906): Foi fundador e director da primeira publicación periódica escrita integramente en lingua galega: O tío Marcos da Portela (Ourense, 1876). Escribiu tamén o libro de maior éxito no século XIX: O catecismo do labrego.
- Francisco Álvarez de Nóvoa (Granada, 1873-Ourense, 1936): Autor de Pé das Burgas (1899) e Beira o Barbaña (1933).
Estes escritores iniciaron a moderna prosa galega.