Irmandades da Fala e Xeración Nós: narrativa e ensaio

Lingua e literatura3,72 KB

Prosa do primeiro terzo do século XX

As Irmandades da Fala tiñan como obxectivo a reivindicación da lingua e cultura galegas. A primeira constituíuse en 1916 na cidade da Coruña, por iniciativa de Antón e Ramón Vilar Ponte, aos que se uniron Manuel Lugrís, Lois Porteiro, Xoán Vicente Viqueira, Peña Novo, Ramón Cabanillas e, máis tarde, Vicente Risco e Otero Pedrayo.

En 1922 celebrouse unha Asemblea en Monforte na cal se discutiron dúas posturas: unha partidaria da participación activa na política, defendida por Peña Novo, e outra que prefería manter a actividade no aspecto cultural, defendida por Vicente Risco. Gañou esta última, que continuou o seu labor cultural a través do Grupo Nós e do Seminario de Estudos Galegos.

Un dos labores fundamentais das Irmandades foi a creación de editoriais que facilitaron a publicación de novela e teatro a través das súas coleccións literarias. Entre as máis importantes están a colección Terra a Nosa!, Céltiga ou Lar (antecedente da revista Nós).

A prosa galega experimentou moitos avances na época das Irmandades, que modernizaron a narrativa e desenvolveron diferentes liñas temáticas que a consolidaron como xénero literario, e incorporaron diferentes tendencias da narrativa europea da época. Debemos ao seu labor a aparición do ensaio, o desenvolvemento da prensa en galego e a consolidación do conto literario.

O principal elemento aglutinador foi a revista Nós, concibida por Risco, e importantísima na cultura galega polo seu impacto cultural e modernizador.

Etapas de evolución do grupo:

  • Pregaleguismo: Vicente Risco, Otero Pedrayo e Cuevillas estaban inicialmente desvinculados da cultura galega e do nacionalismo, e defendían o individualismo.
  • Galeguismo: Tras entrar en contacto coas Irmandades, únense ao grupo.
  • Etapa da posguerra: O estalido da guerra civil supuxo a ruptura da unidade do grupo e o remate da súa actividade.

Vicente Risco

Ideólogo e impulsor da xeración Nós. A súa obra adopta un carácter fundamentalmente didáctico.

A súa prosa adoita ser bastante directa e apenas presenta artificios retóricos.

  • Obras narrativas: O lobo da xente, O porco de pé (considerada primeira novela galega moderna).
  • Ensaios: Teoría do nacionalismo galego.

Otero Pedrayo

É o principal creador da prosa culta galega.

Na súa narrativa aparecen de forma repetitiva dúas clases sociais: campesiñado e fidalguía.

  • Obras realistas: Os camiños da vida...
  • Obras culturais: Arredor de si...
  • Ensaios: Galicia como obxecto de reflexión. Pelegrinaxes e Ensaio histórico sobre a cultura galega.

Cuevillas

Destacou polo seu traballo investigador, aínda que cultivou tamén a prosa e o ensaio literario.

  • Obras: A edade de ferro en Galicia e Prosas Galegas (artigos de diversa índole).

Castelao

Afástase do intelectualismo de Risco e Otero Pedrayo.

As claves da súa narrativa apóianse no humor, o lirismo e a brevidade. A súa técnica baséase en formas da literatura oral popular.

  • Obras: Cousas, Retrincos e Os dous de sempre.
  • Ensaios: Sempre en Galiza.

O mellor prosista de vangardas da época é Rafael Dieste, autor de Dos arquivos do trasno, cuxa obra se considera precursora do realismo máxico.

Debemos a estes autores a aparición do ensaio e a consolidación dunha narrativa en galego.

Descargar

PDF Word HTML