Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Lingua e literatura

Cantigas de amigo na poesía galego-portuguesa

Lingua e literatura1,19 KB

Cantigas de amigo

Tratan sobre a ausencia do namorado. A amiga lamentase a un confidente. Danse unhas situacións:

Lamentos e loas

Lamentase pola ausencia do amigo. A amiga loa a súa propia fermosura. Tenta remover os obstáculos. Fai propósito de reunirse co namorado. Canta as alegrias do amor.

Subxéneros temáticos

  • Mariñas ou barcarolas

    Composicións de ambientación mariña, con referencias ao mar e río.

  • Cantigas de romaría

    Caracterizadas pola referencia a santuarios ou ermidas.

  • Bailadas

    Cantigas con referencia á danza.

  • Albas

    Composicións de orixe provenzal sobre a despedida dos namorados ao romper o día.

Personaxes

  • Amiga

    Caracterizada pola inxenuidade e pulsión erótica.

  • Amigo

    Mostra actitudes diversas, desde distante a traidor.

  • Irmás e amigas

    Confidentes

...
Seguir lendo "Cantigas de amigo na poesía galego-portuguesa" »

Conceptos Lingüísticos Fundamentais: Guía Completa en Galego

Lingua e literatura3,4 KB

Conceptos Lingüísticos Fundamentais

Definicións Clave en Sociolingüística

O estudo das linguas e as súas interaccións sociais implica unha serie de termos esenciais para comprender a súa dinámica. A continuación, preséntanse algúns dos conceptos máis relevantes:

Conflito Lingüístico

Defínese como a tensión que se produce entre dúas linguas da mesma sociedade por asumir un maior número de funcións sociais e de falantes.

Substitución Lingüística

Proceso que consiste no abandono da lingua propia da comunidade e a asimilación á lingua dominante.

Bilingüismo Individual

É a capacidade dun individuo para desenvolverse en dúas linguas: a súa propia e outra distinta.

Diglosia

Prodúcese cando dentro dunha unidade territorial existen...

Seguir lendo "Conceptos Lingüísticos Fundamentais: Guía Completa en Galego" »

O teatro galego entre séculos: evolución e desafíos

Lingua e literatura2,74 KB

O Teatro de Entre Séculos

O inicio da historia contemporánea do teatro galego sitúa-se na estrea do drama A Fonte do Xuramento de Francisco María de la Iglesia. O teatro anterior às Irmandades (antes de 1916) não alcançou grandes avanços: precariedade, escasso cultivo, falta de autores e carência de companhias.

Ó comezar o século XX seguem-se quatro tendências:

  • Social:

    anti-caciquil, cultivada por Lugrís Freire (A Ponte) ou Antón Villar Ponte (A Pátria do Labrego)
  • Costumista-humorística:

    plasmada em géneros menores como o cadro de costumes ou o “parrafeo”, que certo setor do público batizará como “gallegadas”
  • Histórica:

    centrada na evocação e recreação de momentos e figuras do passado
  • Teatro lírico:

    zarzuelas e operetas

Con...

Seguir lendo "O teatro galego entre séculos: evolución e desafíos" »

Irmandades da Fala, Vangardas e Normalización Lingüística

Lingua e literatura3,08 KB

Irmandades da Fala: Reivindicación da Cultura Galega

No 1916, Antón Vilar Ponte promoveu a Irmandade da Fala na Coruña coa finalidade de reivindicar a lingua e a cultura galega. Estas asociacións, formadas por persoas de diferentes clases sociais e profesións variadas, estendéronse polas cidades e vilas do país. Pretendían, entre outros obxectivos:

  1. Cooficialidade do galego e castelán.
  2. Autonomía integral para Galicia.
  3. Ingreso na Liga das Nacións.
  4. Igualdade entre home e muller.

O seu traballo plasmouse na creación de editoriais coma Céltiga, Lar ou Nós e revistas coma A Nosa Terra ou Nós.


As Vangardas Artísticas e a Ruptura coa Tradición

As vangardas foron grupos de artistas novos que rexeitaron as súas tradicións culturais, por consideralas
...
Seguir lendo "Irmandades da Fala, Vangardas e Normalización Lingüística" »

Rosalía de Castro: figura literaria e compromiso social

Lingua e literatura4,13 KB

Rosalía de Castro

Figura

Rosalía é a figura máis importante, representativa e universal da Literatura Galega xa que era unha muller culta e con criterios propios. Rosalía foi precursora e pioneira do pensamento social e político de plena actualidade: feminismo, anticapitalismo, nacionalismo progresista. Poren a súa obra é traducida e ten moita atención.

Sobre ela teceuse unha imaxe distorsionada, presentada como unha chorona ou santiña que escribía o que lle mandaba o marido.

Tivo sempre enormes dificultades para publicar debido a súa condición de muller e a súa condición económica. Como exemplo Follas novas que se publicou seis anos máis tarde, e grazas ós inmigrantes galegos de Cuba.

A Rosalía agrupouse no romanticismo erroneamente...

Seguir lendo "Rosalía de Castro: figura literaria e compromiso social" »

A poesía galega desde 1975

Lingua e literatura3,16 KB

A poesía desde 1975

O principio da democracia produciu un cambio de mentalidade na sociedade galega. O contido político-social predomina sobre a forma, polo que se fai necesario comezar un cambio de rumbo.

Moitos poetas actuais déronse a coñecer agrupados nunha serie de colectivos poéticos

Grupo de comunicación poética rompente:

Nacido nun colectivo experimental vangardista, presenta poesía innovadora e destaca pola súa aprobación formal, así como polo uso da linguaxe urbana. Entre as súas publicacións destaca a obra colectiva 'Fóra as vosas sucias mans' de Manuel Antonio.

Grupo poético Cravo Fondo:

Destacan Ramiro Fonte e Xulio López Valcárcel, que, no seu manifesto colectivo titulado 'Cravo Fondo', se declaran nacionalistas e
...
Seguir lendo "A poesía galega desde 1975" »

Rexurdimento da Lingua Galega no Século XIX

Lingua e literatura2,26 KB

O Rexurdimento: Recuperación e Prestixio do Galego

A partir desta época, a lingua vai adquirindo o papel relevante que ten para diferenciar Galicia. Como dirá Xoán Antonio Saco e Arce en 1888, desprezar o idioma é desprezarse a si mesmo. Manuel Murguía pronunciará un discurso similar en 1891 no primeiro discurso en galego nos Xogos Florais de Tui.

A Normalización do Galego

A recuperación da lingua baséase, en primeiro lugar, na recuperación do seu prestixio. Déixase de falar de dialecto para falar dunha lingua propia de orixe latina cunha raíz común co portugués e ben diferenciada do castelán. Tamén foi importante o proceso de normalización do galego, é dicir, da súa utilización habitual en ámbitos públicos, como nos Xogos...

Seguir lendo "Rexurdimento da Lingua Galega no Século XIX" »

A Poesía Galega na Posguerra: Xeracións e Autores (1936-1975)

Lingua e literatura3,12 KB

A poesía galega na posguerra (1936-1975)

Na posguerra, o silencio literario imposto polo franquismo impediu a publicación de calquera obra escrita en galego. Ata que, en 1947, Aquilino Iglesia Alvariño publicou Cómaros verdes. Máis tarde, en 1950, fundouse a Editorial Galaxia, un fito histórico para recuperar a cultura galega desde o propio país. Nesta época de férrea censura, os autores cultivaron o paisaxismo, o intimismo e outras correntes de preguerra como o imaxinismo e o neotrobadorismo.

A falta de publicacións nos anos seguintes á guerra tivo como consecuencia que, na década dos 50, coincidisen case simultaneamente tres grupos xeracionais distintos:

A Xeración do 36

Está constituída por poetas que naceron entre 1910 e 1920....

Seguir lendo "A Poesía Galega na Posguerra: Xeracións e Autores (1936-1975)" »

Normalización do galego: un proceso necesario

Lingua e literatura3,77 KB

O galego lingua e vías de normalización

Actualmente existen no mundo unhas seis ou sete mil linguas, aínda que só están censadas catro ou cinco mil. O número é difícil de precisar, porque hai zonas do planeta pouco estudadas e porque non sempre está claro que se considera lingua. Esta gran diversidade lingüística correspóndese tamén cunha gran variedade de situacións nas que se poden atopar as diferentes linguas desde o punto de vista político e xeográfico.

Linguas hexemónicas e minorizadas

A realidade é que hai unhas linguas dominantes, as hexemónicas, que son as que gozan dun gran prestixio social, determinado pola existencia dun poder político-económico que as potencia. Cantas máis funcións cumpra unha lingua, maior prestixio...

Seguir lendo "Normalización do galego: un proceso necesario" »

Normalización do Galego: Lingua Minorizada en Galicia

Lingua e literatura3,29 KB

Linguas Minorizadas e Linguas Minoritarias. O Galego: Lingua en Vías de Normalización

Se nunha comunidade hai dúas linguas en contacto, estas reproducen a xerarquía social existente: a lingua dominante ocupa progresivamente os ámbitos da lingua dominada, provocando a súa substitución. A lingua dominada ou minorizada é empregada unicamente nos ámbitos socioculturais máis baixos, sendo ignorada e desprezada nos máis elevados.

O concepto de lingua minorizada é sociolingüístico, non cuantitativo como o de lingua minoritaria. Pode suceder que unha lingua minorizada sexa maioritaria ou viceversa.

A complexidade da composición social da poboación e os seus continuos movementos fan imposible un acordo sobre o número de linguas que se...

Seguir lendo "Normalización do Galego: Lingua Minorizada en Galicia" »