Evolución da Lingua Galega: Do Rexurdir ao Recoñecemento Legal

Lingua e literatura3,57 KB

O Rexurdir do Galego e as súas Normas (Século XX)

A comezos do século XX, a situación da lingua galega sufriu cambios significativos coa fundación de entidades importantes como a Real Academia Galega (RAG), as Irmandades da Fala (IF), o Seminario de Estudos Galegos (SEG), Céltiga, Lar e o Partido Galeguista.

As Normas do Seminario de Estudos Galegos

Estas entidades continuaron coa iniciativa da elaboración dunha gramática. Unha das máis destacadas foi a do Seminario de Estudos Galegos, cuxas normas propuxeron:

  • O rexeitamento do i grego, usando só o latino.
  • A adopción dos grafemas ll e ñ para representar os fonemas lateral e nasal palatal.
  • A elección do x para o fonema fricativo palatal.
  • O emprego do h segundo a etimoloxía.
  • Manter os grupos consonánticos cultos.
  • O abandono do apóstrofo e a redución do guión.
  • O plural en -s para as polisílabas agudas rematadas en -l.

Estas normas foron rapidamente aplicadas no xornal A Nosa Terra. Antes da publicación destas normas, apareceron dúas gramáticas importantes: o Compendio de Gramática Galega de Carro Alvarellos e a Gramática do Idioma Galego de Lugrís Freire.

O Impacto do Alzamento Militar de 1936

O alzamento militar de 1936 supuxo unha ruptura co rexurdir cultural que tentaron figuras como Castelao, Pedrayo e Risco, entre outros, moitos dos cales morreron ou foron ao exilio pola defensa da cultura galega.

A Lingua Galega: Represión e Recuperación (1936-1970s)

O Freo da Guerra Civil e a Resistencia Cultural

O alzamento militar de 1936 freou a normalización do uso do galego, interrompendo as iniciativas das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos.

A Editorial Galaxia e a Normalización Lingüística

Nos anos 50 iníciase a recuperación de ámbitos de uso, cunha maior iniciativa: a fundación da Editorial Galaxia. Esta editorial deu a coñecer novos autores na colección Illa Nova, labor que se complementou coa edición da revista Grial.

A reaparición de obras editadas en galego condicionou a necesidade dunha norma. Galaxia impuxo unha tendencia marcada pola simplificación do galego escrito, eliminando os apóstrofos, simplificando os guións e os diferentes tipos de acentos. Impúxose tamén a necesidade de eliminar arcaísmos e hiperenxebrismos, e a adaptación da lingua ao ámbito urbano.

A Xeración da Posguerra e a Revitalización Cultural

A xeración da posguerra deu ao prelo obras importantes da literatura galega, como o Dicionario Enciclopédico Galego-Castelán e o Dicionario Galego-Castelán de Xosé Luís Franco Grande. A gramática de Carballo Calero recolle o traballo feito por Saco e Arce e mellórao grazas á súa formación lingüística.

Os anos 60 supuxeron a revitalización da actividade cultural. Apareceron asociacións culturais en Galiza e, do mesmo xeito, comezaron a xurdir organizacións políticas clandestinas, como o Partido Socialista Galego (PSG) e a Unión do Povo Galego (UPG), que usaron o galego como lingua en panfletos, manifestacións, etc.

Recoñecemento Legal e Futuro da Lingua Galega

A finais da década dos 70, o galego entrou nunha nova etapa ao gozar de recoñecemento legal mediante a Constitución Española e, na década seguinte, co Estatuto de Autonomía.

Descargar

PDF Word HTML