Historia da Literatura Galega: Idade Media ao Século XXI

Lingua e literatura2,93 KB

Séculos XII-XV: Idade Media

A Idade Media foi un momento de esplendor para a literatura galega. A nobreza galega tiña unha grande importancia e o galego-portugués era a lingua da lírica. Destaca a lírica profana, con obras como as cantigas de amigo, e a lírica relixiosa, con obras como as Cantigas de Santa María. Na prosa, sobresaen obras de carácter literario como a Crónica de Castela.

Séculos XVI-XVII: Séculos Escuros

Os Séculos Escuros foron unha etapa de decadencia. A política centralista dos Reis Católicos levou a que o poder estivese en persoas de orixe castelá. Impúxose o castelán e a literatura galega escrita desapareceu, quedando relegada á literatura oral.

Século XVIII: Ilustración

Na Ilustración xorden voces defensoras do galego. Medra a preocupación pola conciencia do idioma. Destaca a figura do 1º Cura de Fruíme, Diego Antonio Cernadas e Castro.

Século XIX

Prerrexurdimento (1808-1863)

O Prerrexurdimento está relacionado co provincialismo. O galego úsase en textos propagandísticos. Os autores desta época chámanse precursores e publicaron poemas, o certame poético de Xogos Florais e o Álbum da Caridade.

Rexurdimento (1863)

O Rexurdimento supuxo o renacemento da cultura e da literatura galega. Nace o rexionalismo, cun interese polos pobos e culturas minorizadas. O galego volve á lírica.

Século XX

Primeiro terzo

O primeiro terzo do século XX foi un momento de esplendor. Creouse a Real Academia Galega (RAG). A prosa fíxose máis ambiciosa, escribíronse importantes obras literarias e apareceu o ensaio. Xurdiron as Irmandades da Fala, a Xeración Nós e a revista Nós.

Ditadura

A ditadura franquista supuxo unha nova etapa de decadencia. Houbo unha forte represión, con silencio na produción literaria, censura e terror. O galego converteuse na lingua do exilio. Desenvolveuse a poesía social e de denuncia. Fundouse a Editorial Galaxia (1950) e houbo unha renovación da prosa.

Desde 1975

Trala morte do ditador, implantouse a democracia, aprobouse o Estatuto de Autonomía e a Lei de Normalización Lingüística. Recuperouse a normalización do galego e consolidouse a literatura, especialmente a infantil e xuvenil.

Século XXI: Actualidade

Na actualidade, o galego está en expansión. Hai unha gran variedade de temas, xéneros, tendencias e rexistros.

Literatura oral vs. Literatura escrita

  • Literatura oral: carácter anónimo, transmisión oral, achega dialectal, variantes, breve e sinxela.
  • Literatura escrita: autor concreto, transmisión escrita, maior estandarización, entidade e uniformidade, estrutura complexa.

Descargar

PDF Word HTML