A Nova Narrativa Galega: Renovación e Innovación Literaria

Lingua e literatura3,53 KB

A partir da década dos 60, un grupo de mozos universitarios inician un proceso de renovación técnica da narrativa galega. Aínda que non forman xeración posto que carecen dun guía, si se poden agrupar por presentar unha serie de características en común: todos eles teñen formación universitaria e inquedanzas galeguistas; alén diso, as súas viaxes ao estranxeiro van aparelladas ao dominio de idiomas e ao coñecemento das literaturas europeas. Baixo a denominación de Nova Narrativa Galega (NNG) reúnese un grupo de escritores e escritoras que publicaron as súas obras a fins dos cincuenta e na década dos sesenta (Nasce unha árbore (1954), de Gonzalo Mourullo e Adiós María (1971), de Xohana Torres) e que mediante a introdución de novas temáticas e técnicas renovan e revitalizan o xéneo narrativo.

Este grupo de autores caracterízase pola introdución de motivos inéditos e novas técnicas innovadoras. Son todos escritores moi novos que pretenden superar os modelos literarios existentes até ese momento e inspiráronse en narradores americanos e europeos que revolucionaron a literatura do século XX (Franz Kafka).

Podemos dicir que esta innovación técnica conséguena a través do obxectalismo (monólogo interior), do perspectivismo, da función simbólica do espazo, da ruptura da linearidade temporal, da dinamización da linguaxe, da sinxeleza sintáctica e da ruptura da linearidade temporal, da dinamización da linguaxe, da sinxeleza sintáctica e da condensación expresiva. Forman parte deste grupo narradores de moita relevancia na narrativa galega como Xosé Luís Méndez Ferín ou Carlos Casares. O iniciador do Nova Narrativa Galega vai ser Gonzalo R. Mourullo coa publicación da súa obra Nasce unha árbore e a súa continuidade con Memorias de Tains. As súas obras caracterízanse pola superposición de planos, a introspección do subconsciente e o subxectivismo.

Un dos autores máis destacados e máis prolíficos dentro desta etapa vai ser X.L Méndez Ferrín, un dos escritores fundamentais da literatura galega actual, tanto no ámbito da poesía como no da narrativa, coas obras: Percival e outras historias, O crepúsculo e as formigas.

Aínda que con claras diferenzas respecto aos seus compañeiros de grupo, tamén destaca Carlos Casares. A súa actividade literaria desenvólvese sobre todo no xénero da narrativa. Tamén escribiu obras de ensaio e colaborou así mesmo na prensa. Ao contrario dos outros membros da NNG, a narrativa de Casares céntrase en espazos galegos e cunha forte pegada autorreferencial. As súas primeiras, que se inclúen nesta etapa da NNG, son de carácter autobiográfico e sitúanse en distintas etapas da súa vida: Vento ferido (1967), Xoguetes para un tempo prohibido (1975).

A obra literaria de María Xosé Queizán abrangue todos os xéneros: novela, conto, ensaio, teatro e poesía. Destaca a súa implicación no movemento feminista, presente en moitos dos seus libros. Creou a revista Festa da palabra silenciada, feita só por mulleres, a cal pretende sacar da escuridade a escritura feminina. Trasládase a París, onde escribirá a súa primeira obra, A orella no buraco, obra que se enmarca na NNG.

O último autor que forma este grupo é Camilo Gonsar, coa publicación das obras Lonxe de nós e dentro (1961) e Cara a Times Square (1980). Estas dúas obras caracterízanse polo discurso ambiguo , o realismo obxectalista e os personaxes inadaptados ao medio.

Descargar

PDF Word HTML