O Galego no Primeiro Terzo do Século XX: Contexto e Características
O Galego no Primeiro Terzo do Século XX
Características lingüísticas. Contexto histórico e situación lingüística. Dende o século XX houbo unha subordinación do galego. Na primeira parte destacaron os monolingües, que poñían o castelán como lingua do ascenso social. O galego oral mantense vivo, pero entrará en contacto co castelán (escolas). É un período de salto cualitativo do galego. Comeza a empregarse en actos públicos paralelo ao desenvolvemento dos movementos de afirmación política de Galicia. Son desta: as Irmandades da Fala, a revista Nós, o Partido Galeguista, etc. Mentres se gaña prestixio social, continúa o proceso castelanizador. É a etapa do “galego enxebrizante”. Destacan os castelanismos, hiperxebrismos, arcaísmos e luxismos. Caracterízase por superar o galego e eliminar castelanismos. Esta etapa coincide co reinado de Alfonso XIII e a II República. A nivel social en Galicia destacan: agrarismo, nacemento nacionalista, as primeiras organizacións do movemento obreiro, emigracións a América e recoñécese a cooficialidade do galego a través do Estatuto de Autonomía.
Movimentos e Publicacións Galegas
- As Irmandades da Fala: Foron unha revulsión na sociedade galega e tiveron un considerable éxito no aumento de uso e ámbitos da lingua galega. Os seus membros despregaron unha actividade por toda Galicia no teatro, baile, canto...
- O xornal: A Nosa Terra: Xornal redactado en galego, que desenvolve o papel de organizador do nacionalismo galego ao servizo dos seus movementos. A Nosa Terra agrúpanse os intelectuais nacionalistas galegos. Tivo dúas etapas:
- 1. 1916 - 1936.
- 2. Exilio de Argentina (1936 - 1972). A Nosa Terra de América foi un periódico nacionalista que serviu de tribuna da Irmandade Galega.
- Situación sociolingüística: O período de 1900-1916 é a continuación do século XIX, onde a recuperación da lingua céntrase na literatura. En 1906 créase a RAG, coa misión de redactar un diccionario que establecese a lingua estándar, obxectivo que non chegou a cumprir. O segundo período, de 1916-1936, comeza creando as Irmandades da Fala. O iniciador foi Vilar Ponte. A característica principal é un avance importante na fusión cultural do idioma. Os obxectivos das Irmandades son a dignificación e revaloración do idioma, e a expansión do seu uso social. Se expresaba en galego máis do 90% da poboación. En 1930, a porcentaxe de poboación urbana en Galicia era do 13,2%.
En 1925, durante a Dictadura de Primo de Rivera, publícase unha orde na que dispón a retirada dos materiais pedagóxicos que non estivesen en castelán.