Introdución
Reis Católicos (finais s. XV – principios XVI): centralismo e uniformidade político-administrativa. En Galicia o castelán pasa a ser a lingua oficial e de cultura. O galego continúa a ser usado pola maioría da poboación, mais nun rexistro coloquial.
Durante os séculos XVI, XVII e XVIII o castelán esténdese polas clases sociais dominantes que, malia ser minoritarias, teñen moito poder e capacidade de impoñer gustos e modas (tamén a nivel de lingua). No século XIX as clases máis acomodadas das cidades e das vilas están castelanizadas. As clases humildes continúan a falar un galego, pero un galego moi castelanizado.
Séculos XVI e XVII
Mentres outras linguas romances son obxecto de estudo e aparecen as primeiras gramáticas,...