Historia da Normativización do Galego: Estándar e Desviacións
A Variedade Estándar do Galego
A variedade estándar é unha das linguas funcionais que se dá nunha lingua histórica, que se escolle como modelo de lingua común e é identificada polos falantes como o uso correcto. Corresponde ao nivel medio e ao rexistro formal, sendo a que se estuda na escola e a que se usa nos medios de comunicación.
Que é a Normativización?
A normativización é o proceso de elaborar un código válido e formal para os falantes dunha lingua. O seu obxectivo prioritario é a fixación dunha norma para todos os aspectos lingüísticos (por exemplo, a grafía, o léxico) para o uso correcto da lingua.
A normativización consiste na elaboración e selección dunha variedade estándar de lingua que funcione dentro dunha comunidade...