Historia da Normativización do Galego: Estándar e Desviacións

Lingua e literatura2,53 KB

A Variedade Estándar do Galego

A variedade estándar é unha das linguas funcionais que se dá nunha lingua histórica, que se escolle como modelo de lingua común e é identificada polos falantes como o uso correcto. Corresponde ao nivel medio e ao rexistro formal, sendo a que se estuda na escola e a que se usa nos medios de comunicación.

Que é a Normativización?

A normativización é o proceso de elaborar un código válido e formal para os falantes dunha lingua. O seu obxectivo prioritario é a fixación dunha norma para todos os aspectos lingüísticos (por exemplo, a grafía, o léxico) para o uso correcto da lingua.

A normativización consiste na elaboración e selección dunha variedade estándar de lingua que funcione dentro dunha comunidade determinada como modelo de corrección do idioma. Desenvolveuse nas seguintes etapas:

  • Galego Popularizante

    Caracterizado por ter como obxectivo principal o galego oral e pola escasa pretensión codificadora. O galego como lingua presentaba un estado moi pobre para os rexistros formais.

  • Galego Enxebrizante

    Caracterizado polo predominio da tendencia diferencialista con relación ao castelán. Os escritores comezan a sentir a necesidade dun modelo de lingua escrita, xa que aínda non había un modelo de escrita formal.

  • Galego Protoestándar

    Caracterizado pola simplificación ortográfica e pola dominación da tendencia purista. Nesta etapa vese a necesidade dunha normalización do galego.

  • Galego Estándar

    Procura dun galego supradialectal, coherente coa historia e coa actualidade da lingua e fiel á lingua oral. A situación cambia de maneira notable cando o noso idioma se converte en obxecto de estudo. Un acordo entre a Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega aproba as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma.

Interferencias e Desviacións da Norma

As interferencias son cambios que se producen nunha lingua debido á influencia exercida sobre ela por outra, é dicir, cando dúas linguas conviven en desigualdade case sempre se producen interferencias. No noso caso, proveñen do castelán.

As desviacións da norma son aquelas que se apartan da solución asumida como estándar da lingua, como poden ser alteracións no vocalismo, vulgarismos, etc. Estes fenómenos son entendidos como usos que non se adaptan á normativa do noso idioma e deben ser un aspecto a coidar.

Descargar

PDF Word HTML