Análise Comentario de Textos de Rosalía de Castro
Comentario de Textos (1857-1885)
A presente composición pertence a quen foi, sen dúbida, a figura máis importante do Rexurdimento e de toda a historia da literatura galega: Rosalía de Castro. Non só pola calidade artística da súa obra, senón tamén polo gran recoñecemento popular e a notable proxección da que goza fóra de Galicia. Foi obxecto dun proceso de mitificación que chegou a desvirtuar a súa realidade persoal e literaria, chegando así a esquecerse por momentos do marcado compromiso social e cultural na súa obra para dar paso á súa faceta máis sentimental e intimista. No referido ao castelán, é considerada unha das precursoras da poesía moderna (xunto con Bécquer) e destacou con obras como La flor e La hija del mar.
Por outra banda, a súa obra literaria en galego consta de tres títulos, entre os que destacan especialmente dous poemarios: Cantares Gallegos e Follas Novas.
A presente composición pertence, de acordo ás súas características, a FN/CG.
Tema
CG: Primeiro libro publicado escrito integramente en galego, acontecemento que ficará na historia de Galicia como o fito co que se inaugura simbolicamente o Rexurdimento das letras galegas. Colección de 36 poemas. Temas: costumista, folclórica, amorosa, intimista, de denuncia. Formas: A obra rosaliana denota unha clara influencia da expresividade popular. En canto á métrica, caracterízase polo predominio dos modelos tradicionais, con preferencia polos versos de arte menor (8) e pola rima asonante. Dentro das formas de orixe popular tradicional, cabe mencionar tamén o emprego ocasional do verso chamado gaita galega (10,9,12), que resulta da adaptación do ritmo popular da muiñeira. Estilisticamente é destacable o uso de figuras retóricas baseadas na repetición de elementos (aliteración, anáfora) e a abundancia de comparacións poéticas, a miúdo tiradas da lingua común.
FN: Segundo e derradeiro libro de poemas en galego, feito ao que Rosalía fai testemuño no limiar do libro. As razóns da súa decisión van dende o fracaso da súa causa política ata críticas recibidas e cuestións de estética persoal. Temas: Amplo rexistro que vai dende o intimismo radical ata a denuncia social, dende o costumismo ata a angustia existencial, dende a reflexión ata a metapoética. En comparación con CG atopamos unha liña continuadora (desenvolvida en poemas de inspiración popular e temática costumista ou crítica con visión obxectiva) e unha liña renovadora, completamente novidosa na poesía galega e na que destaca a metafísica e a subxectividade; esta última pasará a ser de dimensión universal, o que non foi moi acollido por aqueles que consideraban o galego como un dialecto con limitadas posibilidades expresivas. Formas: É unha obra máis progresiva e innovadora que CG, o que se reflicte na arquitectura formal dos poemas, nos que atopamos, a carón das xa coñecidas estruturas populares, novas formas moito máis atrevidas e insusitadas, que delatan a pegada do romanticismo e das correntes poéticas contemporáneas. Combina versos de diferente medida e diferentes estrofas nun mesmo poema. En canto aos recursos retóricos predominantes, cabe facer mención do complexo sistema simbólico, apenas esbozado en Cantares, que agora aparece de forma plenamente desenvolvida, tecendo un formidable tapiz alegórico de inesgotable interpretación. 136 poemas organizados en vaguedades: do íntimo, varia, da terra, as viúdas dos vivos e as viúdas dos mortos. Cohesión temática entre eles.