Teatro e Prosa Galega: Irmandades e Xeración Nós (S. XX)
O Teatro Galego no Primeiro Terzo do Século XX
A pouca produción teatral galega dirixíase a un público que estaba formado polas clases populares. O teatro era costumista, de tema rural, de índole cómica ou sentimental, e con alusións a temáticas sociais e histórico-lendarias. A partir da aparición das Irmandades da Fala, asistimos ao intento de levar a cabo un verdadeiro proxecto de teatro nacional. Este proceso ocupou o esforzo de tres grupos diferentes:
- O teatro do Grupo Nós.
- O labor dos "Novos", seguindo as actividades vangardistas.
- Os autores do "movemento inaugural", unidos directamente ás Irmandades da Fala: Cabanillas e Freire.
Os Autores do Movemento Inaugural
Os líderes das Irmandades tiveron moi presentes as potencialidades...