Lírica Medieval Galego-Portuguesa: Xéneros e Características
Cantigas de Amigo: Definición e Temática
As Cantigas de Amigo son composicións nas que o poeta pon en boca dunha muller as penas de amor que esta dirixe ao seu amigo ou amante. O argumento fundamental é o amor non correspondido.
Orixes das Cantigas de Amigo
É un xénero autóctono que procede dunha primitiva poesía oral que debeu de existir no noroeste peninsular. Cómpre relacionala coa poesía feminina que se deu en moitos puntos de Europa.
Tipos de Cantigas de Amigo
- Cantigas de Bailada: Exprésase a ledicia de amar e vivir. Adoita producirse nelas unha invitación ao baile.
- Cantigas Mariñas: Desenvólvense sempre nunha paisaxe mariñeira. A amiga dialoga coas ondas, vai esperar a chegada de navíos.
- Cantigas de Romaría: Relaciónanse coas romaxes e coas peregrinacións a ermidas, igrexas e santuarios.
Clasificación Temática e Estrutura
Son cantigas que teñen un carácter plenamente autóctono, son monologadas e desenvólvense nun medio rural. A paisaxe é primaveral, nela aparecen fontes, ríos, igrexas... Outro grupo de cantigas mostran a rapaza dirixíndose a personaxes distintos do amigo, como as amigas. Tamén atopamos elementos de cantiga de amor provenzal.
Elementos Estruturais
- Paralelismo: Proceso repetitivo polo que as palabras ou ideas dunha estrofa se repiten.
- Leixa-pren: Repetición dos segundos versos.
- Refrán: Verso ou versos que se repiten ao final de cada estrofa.
Personaxes das Cantigas de Amigo
- Amiga: É o suxeito lírico e sempre se presenta facendo unha louvanza das súas calidades físicas. Manifesta un sentimento de coita polo amor non correspondido ou pola ausencia do namorado.
- Amigo: Case sempre está ausente e, por tanto, nunca responde.
- Nai: Adoita escoitar en silencio os problemas da filla. Ás veces pode haber diálogo entre as dúas. As súas funcións son basicamente as de vixiar a filla, dar consello e control.
- Confidentes (Amigas): Poden facer de recadeiras que terán como misión a de restablecer o acordo entre os namorados.
Cantigas de Amor: Definición e Caracterización
A Cantiga de Amor é un poema no que un home se dirixe a unha dona mostrando o seu amor por ela. A caracterización das cantigas de amor vén dada pola aplicación da palabra señor nos primeiros versos.
Tipos de Cantigas de Amor
- Cantigas de Mestría: Non teñen refrán e seguen o modelo do canto provenzal.
- Cantigas de Refrán: Empregan unha estrutura paralelística. O uso destes elementos fai que teña un carácter autóctono e próximo ás cantigas de amigo.
As cantigas de amor galego-portuguesas adoitan ter 3 ou 4 estrofas de sete versos (7, 8, 10 sílabas).
Personaxes e Temática nas Cantigas de Amor
A Dona ou Señor
A Dona (ou Señor) é unha figura idealizada que pode estar casada ou solteira.
O Sentimento Amoroso
A señor manifesta diversas actitudes respecto ao poeta, que poden ir dende a indiferenza ata a revancha. O gozo de amar é substituído por un amor platónico denominado coita de amor. Ese sentimento é consecuencia do rexeitamento que sofre o namorado.
Descrición da Dona
A señor é descrita dun xeito vago; só sabemos que é extraordinariamente bela e que non mostra moitas calidades, nin positivas nin negativas. O namorado non é correspondido pola dama e por iso lle pide que o ampare e lle dea consello.
O Namorado
O Namorado é o suxeito lírico nas cantigas. Desempeña o papel de vasalo, como amosan as fórmulas de pertenza empregadas nas cantigas, e preséntase cara á dama como un home fiel e honesto.
Mascadores
Os Mascadores eran os competidores do poeta polo amor da dama.
Cantigas de Escarnio e Maldicir
Crese que a canción satírica galego-portuguesa tivo a súa orixe nunha poesía autóctona de tradición oral.
Diferenzas entre Escarnio e Maldicir
- As Cantigas de Escarnio son aquelas que se basean na equivocatio, é dicir, na utilización de palabras con dobre sentido.
- As Cantigas de Maldicir empregan palabras directas.
Clasificación Xeral e Temática
Clasificación Xeral
As cantigas poden ser de mestría ou de refrán.
Clasificación Temática
- Sátira relacionada co sexo: Poemas referidos aos órganos sexuais, sátiras de soldadeiras...
- Sátira social: Burlas de vicios, costumes, defectos físicos, sátiras contra os nobres ou contra os relixiosos.
- Sátira xograresca: Escarnios que se dirixen mutuamente trobadores e xograres nos que se denuncia a falta de talento.
- Sátira política: Cantigas contra determinados feitos históricos, como a crítica dalgúns alcaldes que pasaron dun bando a outro.
- Sátira moral: Cantigas con carácter moral próximas ao sirventés, tratan a corrupción...
- Sátira literaria: Burlas e parodias doutros tipos de poesía.
Características das Cantigas de Escarnio e Maldicir
- Gran variedade de temáticas e riqueza léxica.
- Estrutura narrativa máis desenvolvida que nas cantigas de amigo.
- O obxectivo é a sátira.
- Abundan os elementos obscenos nas cantigas de maldicir e a ironía nas de escarnio.