O galego nos séculos escuros e o Rexurdimento (século XIX)

Lingua e literatura3,23 KB

Situación do galego nos séculos escuros

Caracteriza a situación da lingua galega durante os séculos escuros fronte ás linguas próximas como o castelán e o portugués? Fronte ao esplendor do galego durante a Idade Media, os séculos escuros supoñen unha etapa de marxinación e de declive do noso idioma nos usos formais e escritos.

Autoodio: que é e cales son as súas causas?

Unha das consecuencias sociolingüísticas da situación da lingua nos séculos escuros é o autoodio: que é? Cales cres que son as súas causas? É un sentimento de inferioridade que tiñan os galegos e que supuxo o inicio do conflito lingüístico. As causas son, entre outras:
  • os ataques e as burlas cara a Galicia e os galegos;
  • a creación dunha imaxe negativa de Galicia;
  • a presión social e institucional en favor do castelán.

O século XIX como século do Rexurdimento

Que feitos relacionados coa lingua e a literatura galegas permiten cualificar o século XIX como o século do Rexurdimento? No século XIX o galego volve a ser utilizado na literatura e aparecen escritores como Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal. Cantares Gallegos é o primeiro libro publicado íntegramente en galego.

Que feito histórico propiciou o uso do galego na escrita no primeiro terzo do século XIX?

O feito histórico é a invasión dos franceses na Península.

Situación sociolingüística do galego no século XIX

Comenta a situación sociolingüística do galego no século XIX. O galego mantense como lingua oral da maioría da poboación; non obstante, as clases altas son monolingües en castelán. Por tanto, aumenta a diglosia existente entre a lingua dos usos formais (castelán) e a lingua dos usos informais (galego).

Prerrexurdimento e Rexurdimento: períodos e autores

Prerrexurdimento (séc. XIX): 1808–1863. Entre os autores vinculados ao prerrexurdimento citanse, por exemplo, Francisco Añón e Xoán Manuel Pintos.
Rexurdimento: 1863–1888. Autores representativos: Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Valentín Lamas Carvajal.

Que publicación se considera que marcou o inicio do Rexurdimento?

A publicación considerada que marcou o inicio do Rexurdimento da literatura galega é Cantares Gallegos (1863).

Biografía de Rosalía de Castro

Rosalía de Castro. Naceu en Santiago de Compostela en 1837; foi filla de Teresa de Castro de Abadía, de orixe fidalga, e de José Martínez Viojo. Casou con Manuel Murguía; tiveron sete fillos. Comezou os seus estudos en Santiago de Compostela e rematou en Madrid. Publicou Cantares Gallegos e Follas Novas.

Intencións de Rosalía ao publicar Cantares Gallegos

Cales son as intencións de Rosalía ao publicar Cantares Gallegos? Pretendía contrarrestar a imaxe que tiña Galicia e reivindicar a validez do galego.

Descargar

PDF Word HTML