Manuel Antonio, Cunqueiro, Risco e Otero Pedrayo

Lingua e literatura2,73 KB

Manuel Antonio

A súa obra está dividida en tres etapas:

  • 1: Integrada por uns cantos poemas soltos publicados en revistas. Neles combínanse elementos tradicionais, modernistas e vangardistas. Os temas son variados.
  • 2: Constituída polo libro 'De catro a catro', convértese no libro máis significativo do vangardismo galego. Ten unha estrutura circular e presenta unidade temática: trátase dun mar visto desde dentro. Na forma, rompe case por completo cos esquemas métricos tradicionais e utiliza trazas vangardistas.
  • 3: Representada pola obra 'Viladomar', supuxo unha recuperación do ton e da forma poética tradicionais característicos da primeira etapa.

Álvaro Cunqueiro

Cultivou todos os xéneros, aínda que comezou no ámbito da lírica. Hai dúas tendencias básicas:

  • Vangarda pura: Domina as súas primeiras obras. En 'Mar ao norde', o mar é o eixe central. En 'Poemas do si e non', predomina o contido amoroso.
  • Neotrobadorismo: En obras como 'Cantiga nova que se chama Riveira', Cunqueiro evoluciona cara a esta tendencia. Na súa última obra, 'Herba de aquí e acolá', reúne poemas de diferentes datas, estilos e temas.

Vicente Risco

A súa primeira creación narrativa foi 'O caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros', un relato situado no mundo da ultratumba e cargado de humor macabro. Esta temática rompe cos tópicos da tradicional do s. XIX. A súa única novela é 'O porco de pé'; a figura do protagonista sérvelle a Risco para criticar a vulgaridade e o materialismo da xente burguesa.

En 'Teoría do nacionalismo galego', que é un verdadeiro ideario das Irmandades da Fala, nesta obra postula os trazos diferenciais que lle dan a Galiza o status de nación. Outro dos seus ensaios é 'Nós, os inadaptados', onde expoñe a evolución ideolóxica da súa xeración.

Otero Pedrayo

Unha das súas primeiras novelas é 'Os camiños da vida', unha obra realista que está dividida en tres volumes. Cóntase a historia de varias xeracións de dúas casas fidalgas; deste xeito, o autor reconstrúe a transición entre a Galiza que morre e a Galiza que nace. Outra novela destacada é 'Arredor de si', que é unha novela psicolóxica. E, por último, 'A romaría de Xelmírez' é unha novela histórica de asunto medieval. O máis característico é a reconstrución que Pedrayo fai do Santiago do século XII.

Descargar

PDF Word HTML