A Normativización do Galego: Etapas, Variedade Estándar e Interferencias
A Historia da Normativización do Galego
Todas as linguas presentan unha forte tendencia á diversidade, especialmente no plano oral. A existencia dunha variedade estándar contribúe a frear esa dispersión.
A Construción da Variedade Estándar
A construción da variedade estándar é o que se coñece co nome de NORMATIVIZACIÓN LINGÜÍSTICA: a fixación dunha ortografía, unha gramática e un dicionario que sirvan de modelos cultos a imitar.
Contexto Histórico do Proceso Normativizador
O galego perdera o primeiro gran momento de normativizarse: o Renacemento. É por isto que o proceso normativizador se inicia en Galiza no Rexurdimento, a finais do século XIX. O século XX vive plenamente o proceso, aínda que interrompido por certos acontecementos....