Eduardo Pondal: Vida, Obra e o Universo Poético

Lingua e literatura2,48 KB

Eduardo Pondal: A súa obra e a comarca de Bergantiños

A comarca de Bergantiños marcará a súa obra poética e será a capital do mundo mítico de Pondal. En 1863 aparece no Álbum de la Caridad o seu primeiro poema en galego: "A campana de Anllóns".

En 1867 coñece, por medio de Murguía, os Poemas de Ossián de James Macpherson, suposta recreación duns poemas en lingua gaélica compostos por un bardo escocés do século III chamado Ossián. A partir de aquí, Galicia comezará a ser o eixo da súa poesía e el converterase no bardo do pobo galego. Mantivo contactos cos rexionalistas, que o consideraban o poeta oficial. Na "Cova Céltica", tertulia que se reunía na Coruña, considerábano o Bardo.

Obras principais

  • A campana de Anllóns
  • Rumores de los pinos
  • Queixumes dos pinos
  • Os Eoas

O poema A campana de Anllóns incorpórase posteriormente a Queixumes dos pinos. Nel figuran algúns dos temas e motivos característicos da poesía posterior de Pondal: o soño, a melancolía, o sentimento do tempo pasado, a interpretación transcendental e idealista da paisaxe, etc.

Un mozo preso en Orán sente morriña ao oír o son da campá e pídelle a esta, e ás andoriñas, que leven a mensaxe aos seus familiares para rematar o poema co adeus aos pais e a Ponteceso. Ao longo da maior parte da súa vida, Pondal traballou na composición da epopea Os Eoas. No ano 2000, o profesor Manuel Ferreiro descubriu a versión definitiva deste longo poema.

Queixumes dos pinos é unha reelaboración e superación de Rumores de los pinos, unha notoria ampliación e mellora. A finalidade última é a exaltación de Galicia, coincidindo con Rosalía de Castro non só niso, senón tamén na estrutura pechada.

Universo poético

A súa obra preséntase cunha orixinalidade profunda no contexto da literatura galega do século XIX. A estética da súa obra máis importante, Queixumes dos pinos, está relacionada co movemento simbolista. Os seus poemas inspíranse nalgunhas das grandes correntes estéticas e míticas da literatura europea do século XVIII. Como base atopamos:

Celtismo

Influído polos historiadores galegos da época, que concedían excesiva importancia ás raíces celtas de Galicia, Pondal cantará os nosos devanceiros celtas. Para a realización non tiña outro heroe máis que Breogán.

Descargar

PDF Word HTML