Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Lingua e literatura

A evolución e normalización do idioma galego no século XX

Lingua e literatura2,33 KB

A normalización do galego no século XX

No século XX foise consolidando o proceso de normalización do galego, promovido dende certos sectores da sociedade con sensibilidade galeguista. Nestes anos, o noso idioma accedeu a novos ámbitos de uso, aínda que, ao mesmo tempo, houbo un proceso de desgaleguización social.

Etapas na evolución do galego

Podemos distinguir tres etapas na evolución do galego ao longo do século XX:

  • Etapa de preguerra (1900-1936)
  • Etapa de posguerra (1936-1975)
  • Anos finais do século XX (1975-2000)

A partir de 1975 iniciouse unha nova etapa a nivel político polo remate da ditadura e a recuperación da organización democrática do Estado. A Constitución de 1978 supuxo un recoñecemento da diversidade cultural e lingüística...

Seguir lendo "A evolución e normalización do idioma galego no século XX" »

A Normalización Lingüística do Galego: Historia e Desafíos

Lingua e literatura7,95 KB

Linguas Minorizadas e Minoritarias: Conceptos Clave

As linguas minorizadas son aquelas que están en situación de desvantaxe con respecto a unha lingua dominante coa que comparten territorio. Moitas veces estas linguas cualifícanse por defecto como minoritarias, equiparándose ambos os termos. Non obstante, danse casos de linguas minorizadas, pero maioritarias, é dicir, cunha porcentaxe de falantes superior á da lingua dominante. O español, por exemplo, é unha lingua maioritaria en España, pero nos Estados Unidos pasa a ser minoritaria: minoritaria fronte á maioritaria, por un lado, e minorizada fronte á dominante por outro. Cando a lingua é minorizada recibe a presión da lingua dominante, presión que tende a provocar a súa marxinación...

Seguir lendo "A Normalización Lingüística do Galego: Historia e Desafíos" »

Vilancicos galegos

Lingua e literatura2,41 KB

3)Explica los motivos por los que el latin acabo subtituyendo las linguas de los pueblos indigenas existentes e os pobos xermanos ao invadir a Gallaecia non impuxeron a sua lingua e cultura:

O latin representaba unha cultura moi desenvolvida e prestixiosa.A cultura invasora(Xermanica) era inferior e asi axiña asimilaron a cultura latina ,a lingua ,a organizacion administrativa.
Por outra parte o cistianismo tamen contribuiu a difusion do latin pois aconversion a esta relixion suponia asumir a lingua vinculada a ela.

4)cando se consolida o galego como sistema linguistico doferente do latin?Explica los factores favoreceron apartir dunha lingua romance diferenciada no noroeste peninsular

Nos seculos XVIII e IX
Os seus afastamentos respecto do latin
...
Seguir lendo "Vilancicos galegos" »

Diferenzas entre linguas minorizadas e minoritarias

Lingua e literatura2,31 KB

Linguas minorizadas e minoritarias: o galego

Existen moitas situacións nas que se poden atopar as diferentes linguas dende o punto de vista político ou xeográfico. Existen linguas cun Estado e sen Estado (as primeiras son as que representan de forma oficial a un país e as segundas son as propias de territorios que non teñen independencia política, como o galego), linguas oficiais en máis dun Estado (inglés, francés), Estados unilingües (Islandia, o Vaticano) ou Estados plurilingües nos que se falan varias linguas, como na China.

Linguas minoritarias

As linguas minoritarias son as linguas que posúen un número reducido de falantes. Unha lingua pode ser minoritaria no conxunto das linguas mundiais, pero iso non determina o seu estatus...

Seguir lendo "Diferenzas entre linguas minorizadas e minoritarias" »

Historia da Literatura Galega: De Cantigas Medievais aos Séculos Escuros

Lingua e literatura6,05 KB

A Literatura Galega: Unha Viaxe Histórica

Cantigas de Escarnio e Maldicir

As Cantigas de Escarnio e Maldicir son poemas satíricos e burlescos onde os trobadores critican a sociedade medieval, dirixindo as súas sátiras a infanzóns, soldadeiras, monxas, etc. Acostúmase distinguir entre:

  • Cantigas de Escarnio: critícase a alguén de forma irónica, con dobre sentido.
  • Cantigas de Maldicir: a linguaxe é directa e explícita.

Temas Recorrentes

Os temas principais destas cantigas inclúen:

  • Sátira social: faise burla das clases sociais.
  • Sátira política: ridiculízase a covardía dos nobres.
  • Sátira sexual: escarnio contra as monxas.
  • Sátira literaria: búrlase dos principais tópicos das cantigas.
  • Sátira moral: critícanse determinados vicios da época.
...
Seguir lendo "Historia da Literatura Galega: De Cantigas Medievais aos Séculos Escuros" »

A vangarda na literatura galega: movementos e autores

Lingua e literatura3,22 KB

A vangarda na literatura galega do século XX

O século XX supón para Galiza un cambio importante a nivel literario. Prodúcese un movemento de modernización da literatura galega. No período de entreguerras xorden as vangardas, que pretenden renovar a temática de tódalas artes. O grupo Nós difundiu entre os escritores temas e técnicas das vangardas europeas. Escolas novas (-ismos) renovan a literatura e difúndense mediante manifestos. Aparece o manifesto vangardista ¡Máis alá!, con crítica ao ruralismo, defensa da nosa lingua e un chamamento á mocidade galega a encarar o porvir.

Na vangarda galega hai dúas tendencias: a vangarda plena e a matizada. Obras destacadas: De catro a catro e Proel.

Movementos vangardistas galegos

  • Surrealismo:
...
Seguir lendo "A vangarda na literatura galega: movementos e autores" »

Renacemento do galego e contexto sociolingüístico

Lingua e literatura2,82 KB

A comezos do século XIX recupérase o galego como idioma literario, cultural e histórico, pero á vez patentízase un descenso no nivel de uso oral. A lingua galega non vive unha situación normalizada, e iso provoca un retroceso en medios sociais e en ámbitos xeográficos concretos. O contexto sociopolítico contrasta coa actividade cultural. A sociedade galega dos primeiros anos do século seguía caracterizándose pola concentración do poder económico en sectores minoritarios, por un sistema agrícola aínda sen modernizar e por unha crecente emigración que ía baleirando o país. Créanse agrupacións agrarias que canalizan as protestas sociais e acadan grande resonancia no campesiñado, como foi o caso da Liga Agraria de Acción

...
Seguir lendo "Renacemento do galego e contexto sociolingüístico" »

Normalización Lingüística do Galego e Linguas Minorizadas

Lingua e literatura2,79 KB

Linguas Minorizadas e Minoritarias: Contexto Global

Na maioría dos países do mundo fálase máis dunha lingua, pero non en todos eles se recoñece a cooficialidade das linguas faladas no seu territorio. Un exemplo disto é Francia, país no que só se considera oficial o francés.

Definicións e Xerarquía Lingüística

Dentro do territorio no que se falan varias linguas, sempre hai unha lingua dominante e maioritaria e outra lingua minorizada ou minoritaria.

  • Lingua Maioritaria/Dominante: É a falada por unha ampla maioría e, ademais, está favorecida pola administración.
  • Lingua Minorizada/Minoritaria: Ten menos falantes e atópase en situación de desvantaxe.

É importante notar que ser maioritaria non implica necesariamente que sexa dominante,...

Seguir lendo "Normalización Lingüística do Galego e Linguas Minorizadas" »

Galego medieval: diglosia e separación no século XIII

Lingua e literatura2,7 KB

O galego medieval

O galego medieval: Na primeira parte da Idade Media (séculos IX–XII) o latín era a lingua de prestixio: a lingua da Administración e da Igrexa, e a única que se empregaba na escrita. En contraste, na comunicación oral espontánea, isto é, nos ámbitos familiar e coloquial, todo o mundo falaba xa o romance (galego-portugués).

Nesta época, polo tanto, atopamos unha situación de bilingüismo social na que o latín era a lingua alta, a lingua das funcións con máis prestixio, e o galego-portugués a lingua baixa, inferior en prestixio pero falada por toda a sociedade. Esta distribución lingüística de funcións, máis ou menos estable, recibe o nome de diglosia.

No século XIII o galego comeza a disputarlle ao latín...

Seguir lendo "Galego medieval: diglosia e separación no século XIII" »

Literatura Galega do Século XX: Narrativa, Xeracións e Movementos Clave

Lingua e literatura2,81 KB

Narrativa Galega dos Anos 60

  • Escritores xa consolidados na década anterior que continúan: Cunqueiro, Blanco Amor e Ánxel Fole.
  • Elaboran narrativa de tema realista, centrada en Galicia: Xosé Neira Vilas.
  • Escritores novos que forman a **Nova Narrativa Galega**.

A Nova Narrativa Galega

É un grupo de escritores que publican as súas obras a finais dos anos 50 e na década dos 60. Mediante a introdución de novas temáticas e técnicas, renovan e actualizan o xénero narrativo.

Principais Novidades Temáticas

  • Presenza de personaxes anónimos, marxinais, desarraigados, desorientados, violentos, desequilibrados e con frecuencia sumidos en estados patolóxicos.
  • O mundo do subconsciente.
  • Expresión do absurdo da existencia.
  • Ambientes urbanos, claustrofóbicos
...
Seguir lendo "Literatura Galega do Século XX: Narrativa, Xeracións e Movementos Clave" »