A Literatura Galega na Fin do Século XX e Inicios do XXI
A Poesía na Década dos 90 e Inicios do S. XXI
A poesía destes anos caracterízase pola presenza importante de voces femininas que nos falan desde a súa experiencia. Os novos creadores agrúpanse en colectivos poéticos, amplíanse os medios de comunicación, especialmente o musical, restáuranse vellas canles como os recitais, danse a coñecer a través de fanzines, boletíns e follas voandeiras, xorden novas coleccións de comunicación poética, etc.
A Narrativa: Novos Camiños
Coa morte de Franco e coa celebración das primeiras eleccións democráticas, España entra nun novo período da súa historia. A narrativa desta época caracterízase pola procura da profesionalidade literaria do relato breve, especialmente a partir de finais dos...