Historia da Lingua Galega: Contexto e Normalización (1930-1936)
O Galego na Primeira Metade do Século XX: Contexto e Normalización
1. Contexto Demográfico e Económico
En 1930, a poboación galega chegou a 2.230.000 habitantes, a pesar das persoas que emigraran nas décadas precedentes. Comezou a ser notoria a súa concentración en espazos urbanos e costeiros, en paralelo ao despoboamento da Galiza interior.
A economía galega caracterízase por:
- Exportación de materias primas.
- Escasa industrialización.
- Fuga de capitais e de recursos humanos.
- Inmobilismo nas estruturas agrarias.
- Precariedade nas vías de comunicación.
Na agricultura iníciase unha renovación pola mecanización, a introdución de fertilizantes e o labor da Misión Biolóxica de Pontevedra. Na industria vaise producir un desenvolvemento, asentado...