Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Lingua e literatura

A situación do galego na actualidade e o plurilingüismo

Lingua e literatura2,38 KB

Lingua e sociedade: O galego na actualidade

1. A situación actual do galego

A chegada da democracia supuxo o recoñecemento do galego como lingua propia de Galicia e da súa cooficialidade co castelán. Tamén se recoñeceu o dereito dos galegofalantes a empregaren o seu idioma e mais a obriga dos poderes públicos de usalo e promovelo. Foron a Constitución española, o Estatuto de Autonomía e a Lei de Normalización Lingüística os textos legais que trouxeron consigo tal mudanza.

2. Ámbitos e contextos de uso

A lingua galega fíxose presente na vida política, na escola, nos medios de comunicación e na administración. Por outra banda, apareceron a televisión e a radio galegas. En todo caso, é nos sectores comerciais, económicos ou empresariais...

Seguir lendo "A situación do galego na actualidade e o plurilingüismo" »

A Cantiga de Amigo: Definición, Orixes e Características

Lingua e literatura2,5 KB

A cantiga de amigo: definición

As cantigas de amigo son composicións nas que o poeta pon en boca dunha muller as penas de amor que esta dirixe ao seu "amigo" ou amante. Tanto na cantiga de amor como na de amigo, o elemento fundamental é o amor, pero os dous xéneros distínguense porque naquela o poeta fala en primeira persoa, mentres que nesta finxe que é a muller a que expresa os seus sentimentos.

Orixes e clasificación

A cantiga de amigo é un xénero autóctono, é dicir, procede dunha primitiva poesía oral que debeu existir no noroeste peninsular. Os seus tipos principais son:

  • Bailadas: son cantigas nas que se expresa a ledicia de amar e vivir. Adoita producirse nelas unha invitación ao baile e levan sempre refrán.
  • Mariñas ou barcarolas:
...
Seguir lendo "A Cantiga de Amigo: Definición, Orixes e Características" »

O Grupo Nós: Historia, Ideoloxía e Obras Principais

Lingua e literatura2,92 KB

1. Quen formaba o Grupo Nós?

O grupo estaba integrado por: Florentino López Cuevillas, Otero Pedrayo, Vicente Risco, Antón Losada Diéguez e Castelao.

2. Evolución ideolóxica do Grupo Nós

Pasaron dunha actitude cosmopolita e individualista, afastada da realidade próxima, a descubrir Galicia, facéndose galeguistas e europeístas.

3. Etapas na traxectoria e ideoloxía de Vicente Risco

  • 1ª etapa: Coincide coa dirección da revista teosófica.
  • 2ª etapa: Marcada polo descubrimento de Galicia e a súa entrada no galeguismo (1918).
  • 3ª etapa: Coa guerra abandona o nacionalismo e o uso literario da lingua, aínda que non abandonaría o que foi importante nese descubrimento persoal de 1918.

4. Obras de Vicente Risco

  • Novelas curtas: A historia do doutor
...
Seguir lendo "O Grupo Nós: Historia, Ideoloxía e Obras Principais" »

Rosalía de Castro: Vida, Obra e Legado no Rexurdimento

Lingua e literatura2,73 KB

Significación da obra en galego

Aspectos máis importantes:

  • Escribe en galego para mostrar o seu interese por Galicia e polas súas xentes.
  • Demostrar que o galego é válido para a expresión literaria.

Obras máis importantes

En castelán

Novelas

  • El caballero de las botas azules
  • La hija del mar
  • Ruinas
  • Flavio

Poemarios

  • En las orillas del Sar

En galego

  • Cantares gallegos
  • Follas novas

Datos biográficos

Rosalía de Castro naceu en Santiago en 1837 e morreu en Padrón en 1885. Filla dunha liñaxe fidalga e dun crego de Iria. Rosalía ten que irse a vivir coa súa tía paterna a Ortoño. Con 15 anos marcha a Santiago coa súa nai, onde se formará no Liceo de la Juventud. Aos 19 anos trasládase a Madrid onde coñece a Manuel Murguía, co que casa dous anos despois....

Seguir lendo "Rosalía de Castro: Vida, Obra e Legado no Rexurdimento" »

Variación interna da lingua: social e situacional

Lingua e literatura2,57 KB

A capacidade lingüística natural do ser humano maniféstase nas linguas, pero tamén dentro dunha lingua atopamos diversidade. Os diferentes xeitos de falar unha mesma lingua chámanse "variedades lingüísticas". Esta variedade pode responder a diversos factores:

  • Temporal ou diacrónica: consecuencia do paso do tempo. Permite distinguir o galego actual do medieval.
  • Xeográfica ou diatópica: dá lugar ás variedades dialectais.
  • Social ou diastrática: depende do estrato social dos falantes, idade, sexo... A variedade lingüística dun mesmo grupo é un nivel de lingua ou sociolecto.
  • Situacional ou diafásica: permite diferenciar rexistros polas características contextuais de cada acto comunicativo. A variación dáse no individuo.

A variedade

...
Seguir lendo "Variación interna da lingua: social e situacional" »

Ánxel Fole e o labor cultural do exilio galego

Lingua e literatura3,03 KB

Ánxel Fole: Un retrato da Galicia máxica e popular

Nos contos de Ánxel Fole conflúen as referencias á realidade material e concreta de Galicia e aquela que provén da cultura espiritual. Retrata unha Galicia misteriosa e máxica, na que cobran relevancia tres aspectos fundamentais:

  • Experiencias parapsicolóxicas (aparicións).
  • Crenzas tradicionais (bruxería).
  • Superstición relixiosa (a Santa Compaña).

Formalmente, a súa narrativa caracterízase por recoller algúns dos trazos estruturais e estilísticos propios da narración oral tradicional. Así, temos:

Elementos referidos á narración

  • Fórmulas de apertura: Uso de estruturas clásicas do conto popular.
  • Narración en espiral: Técnica recorrente no seu estilo.
  • No tramo final do relato dáse
...
Seguir lendo "Ánxel Fole e o labor cultural do exilio galego" »

As Vangardas Literarias: Movementos e Autores Clave

Lingua e literatura3,02 KB

As Vangardas Literarias: Movementos e Autores

  • O cubismo: París como escola pictórica (Braque, Picasso) arredor do ano 1906. Caracterízase pola representación simultánea das distintas perspectivas dun obxecto, o que dá lugar á aparición dos caligramas.
  • O futurismo: Nace en 1909 co Manifesto Futurista de Marinetti. Exalta a civilización mecánica, os logros da técnica e o que trae consigo: a velocidade, a forza, o ruído...
  • O dadaísmo: Xorde en 1916 da man de Tristan Tzara. É o máis radical dos "ismos", baseándose na negación de todo, da idea de creación e da figura do creador.
  • O imaxinismo: Aparece en 1920 con poetas ingleses, como Aldous Huxley e Richard Aldington, e americanos, como Ezra Pound. Destaca pola riqueza de imaxes, o
...
Seguir lendo "As Vangardas Literarias: Movementos e Autores Clave" »

A Narrativa Galega: Autores e Tendencias (1960-1990)

Lingua e literatura3,23 KB

Narradores das décadas de 1960 e 1970

Xosé Luís Méndez Ferrín

Comezou (1958-1964) seguindo o experimentalismo da NNG, pero desde Retorno a Tagen Ata (1971) abandónao. Nas súas obras posteriores combina temas habituais cun tratamento simbólico de cuestións políticas (Galicia sometida, represión), como en Elipsis e outras sombras (1974) e Arraianos (1991). Tamén aborda experiencias propias en obras como Crónica do nós (1980) e No ventre do silencio (1999).

Carlos Casares

Tras Xoguetes para un tempo prohibido (1975) deixa o experimentalismo e aposta polo realismo narrativo, centrado sobre todo na novela. En Os escuros soños de Clío (1979) reúne contos históricos. Destacan tres novelas:

  • Ilustrísima (1980): sobre a chegada do cine
...
Seguir lendo "A Narrativa Galega: Autores e Tendencias (1960-1990)" »

A normalización da lingua galega: situación e retos

Lingua e literatura3,02 KB

O marco legal da normalización da lingua galega

Coa chegada da democracia, establécese un novo marco legal para a normalización da lingua galega:

  • A Constitución Española (1978): Recoñece o carácter plurilingüe do Estado e establece que o castelán é a lingua oficial, mentres que as demais linguas poden ser oficiais nas súas comunidades.
  • O Estatuto de Autonomía de Galicia (1981): Define o galego como lingua propia e cooficial co castelán. A Lei de Normalización Lingüística (1983) regula os dereitos lingüísticos e impulsa o uso do galego na administración, ensino e medios de comunicación.
  • O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (2004): Recolle medidas para fomentar o uso do galego en distintos ámbitos, aínda que a súa
...
Seguir lendo "A normalización da lingua galega: situación e retos" »

Literatura Galega: Posguerra, Exilio e Renovación (1936-1976)

Lingua e literatura4,14 KB

Contexto histórico e cultural

Os avances que Galicia experimentara no primeiro terzo do século XX víronse interrompidos pola sublevación militar de 1936 e a posterior derrota da República na Guerra Civil, dando paso á ditadura franquista. Este réxime supuxo unha forte represión política e cultural, coa censura e a redución do uso público do galego, limitado ao ámbito familiar e rural. Moitos intelectuais foron exiliados ou silenciados, freando o desenvolvemento da literatura galega.

A partir dos anos 60, prodúcese unha mellora económica e unha modernización social, aínda que a recuperación cultural comeza xa nos anos 50 coa creación da editorial Galaxia.

O galeguismo na posguerra

Na posguerra, o galeguismo sobreviviu principalmente...

Seguir lendo "Literatura Galega: Posguerra, Exilio e Renovación (1936-1976)" »