Recursos Literarios: Guía Completa e Definicións

Lingua e literatura2,84 KB

Recursos Literarios: Guía Completa

A

Acróstico: Recurso que consiste na formación dun vocábulo ou dunha frase coas letras iniciais, medias ou finais dos versos.

Aférese: Suspensión dun ou varios sons ó principio dunha palabra.

Alegoría: Todo un texto que presenta un sentido global figurado xunto ao sentido que aparece directamente.

Aliteración: Repetición de fonemas ou sílabas en palabras próximas.

Anacoluto: Construción gramatical onde a segunda parte non liga sintacticamente coa primeira; inconsecuencia gramatical.

Anadiplose: Repetición dun ou varios elementos finais dun verso ou dun grupo sintáctico ao comezo do seguinte.

Anáfora: Repetición dun ou máis elementos ao comezo de varios versos ou grupos sintácticos.

Animalización: Comparación entre persoas e animais, sendo a persoa o obxecto real e o animal o imaxinario.

Antonimia: Aposición entre antónimos.

Apócope: Supresión dun fonema ou dunha sílaba ao final dunha palabra.

Apóstrofe: Apelación a un ser que non é o destinatario do discurso.

Asonancia: Igualdade dos sons vocálicos de dous ou máis versos a partir da última vogal acentuada.

Asíndeton: Supresión de conxuncións entre dous ou máis elementos que deberían levalas.

Antífrase: Modo de expresión consistente en expoñer unha idea contraria, empregando palabras que significan o contrario.

Antítese: Contraposición entre dúas palabras ou expresións.

C

Calambur: As sílabas dunha ou máis palabras reagrúpanse de modo diferente para obter outro significado distinto.

Catáfora: Anticipación dun elemento do discurso mediante o emprego dun termo ou expresión didáctica.

Correlación: Correspondencia dos termos dunha serie sintáctica coa sucesiva. Correlación recadadora: os compoñentes, repartidos por diferentes lugares do poema, recóllense ao final nun grupo.

Conmutación: Contraposición de dous grupos sintácticos que conteñen as mesmas palabras, pero con outra orde e función.

Concatenación: Sucesión de anadiploses.

D

Diérese: División de dúas sílabas nun ditongo.

Diloxía: Emprego dunha palabra con dous sentidos diferentes.

Derivación: Repetición de palabras con significantes idénticos, pero con significados diferentes.

Diáfora: Repetición de palabras con significantes idénticos, pero con significados diferentes.

Descargar

PDF Word HTML