Rosalía de Castro: Biografía, Feminismo e Obra
Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela en 1837, filla ilexítima dunha fidalga. A súa primeira novela publicouse en 1880 en castelán, e o seu derradeiro libro foi *El primer loco*. *Follas novas* publicouse tamén en 1880. Morreu en Padrón en xullo de 1885 con 48 anos.
A figura de Rosalía
- Figura representativa e universal da literatura galega.
- Muller culta que falaba francés e lía filosofía.
- Tiña un carácter rexo cunha clara vontade de ser escritora.
- Foi precursora e rompía os moldes literarios, idiomáticos, ideolóxicos e temáticos dominantes.
- Feminista, anticapitalista, nacionalista progresista, etc.
Era unha figura singular e participou na posta en marcha dun sistema literario galego autónomo usando unha lingua marxinada. Rompeu todas as barreiras temáticas e cultivou non só a poesía, senón tamén a prosa.
Presentouse como unha "santiña" ou "chorona", e foi considerada como unha imitadora de Bécquer ou romántica renegada. Sempre tivo dificultades para publicar, como pasou con *Follas Novas*, que se escribiu en 1874 pero non se publicou ata 1880. Recibiu ataques duros por parte de estamentos eclesiásticos e intelectuais.
O romanticismo de Rosalía
- Non hai actitude escapista, senón relación coa realidade.
- Destaca a denuncia social e a sensibilidade para os problemas da xente.
- Sinceridade, lonxe do finximento.
- Temas como a morte, o suicidio e o desengano amoroso desde unha perspectiva grave, seria, angustiada e metafísica.
Compromiso social
- Defendía a cultura dos galegos e a nosa maneira de ser colectiva.
- Defendía os valores sociais e morais do pobo galego.
- Identificouse cos problemas, sufrimentos e aspiracións das clases populares, en concreto coas mulleres campesiñas viúvas.
- Denunciou inxustizas, insultos, incomprensións e abusos cometidos contra os galegos.
- Reivindicou os dereitos da muller, o dereito a escribir e ser literaria.
Feminismo
Na segunda metade do século XIX irrompe con forza un forte debate entre os que defendían o dereito da muller a ocupar un novo e xusto posto na sociedade. Máis do 93% das mulleres eran analfabetas, e as que escribían usaban o español. En *La hija del mar* denuncia que non se lles permitía escribir o que senten ou saben, e protesta contra o pensamento de que a muller só serve para labores domésticos. En *Las literatas. Carta a Eduarda*, Rosalía fai un retrato cru da vida da muller escritora e denuncia a incomprensión e o rexeitamento da sociedade cara ás mulleres intelectuais.