Labor cultural do exilio galego na posguerra
Labor cultural dos exiliados galegos
Co golpe de estado do 36 comezou a represión sistemática do galego, co medo como factor de dominación. Algúns optaron pola fuxida por Portugal e outros pola resistencia armada. O exilio mantivo a chama da cultura galega, que non se puido manter pola represión franquista. Destacan iniciativas como:
- Organización de conferencias, recitais, exposicións, certames...
- Fundación de editoriais que reeditan os clásicos e publican obras dos exiliados.
- Programas de radio.
- Edición de revistas e xornais.
- Constitución de grupos musicais e compañías de teatro.
Poesía no exilio
Recibiu o maior número de achegas, nas temáticas de denuncia social, desafogo do drama vivido e emigración.
Luís Seoane
Fardel do exiliado: poesía social e comprometida, recuperación da poesía cívica, visión mítico-reivindicativa da historia de Galicia para axudar ao pobo a ter unha consciencia histórica. Estilo realista case xornalístico, poesía discursiva, lóxica sen metáforas, sobria.
Lorenzo Varela
Lonxe: os temas máis recorrentes son as vivencias tráxicas da guerra civil, o pasado histórico das clases populares e a saudade da terra.
Emilio Pita
Jacobusland - traxedia da guerra civil, Cantigas de nenos e Os relembros, as cantigas.
Narrativa do exilio
Preferencia pola temática da guerra civil, afán memorialístico cun ton de denuncia e testemuña.
Ramón de Valenzuela
Non agardei por ninguén e Era tempo de apandar: documentos narrativos sobre a guerra civil. Tamén destacan Antón Alonso Ríos, Blanco Amor e Xosé Neira Vilas.
Teatro no exilio
Actividade moi potenciada polos exiliados galegos:
- Carácter popular, enxebrista e costumista que pretendía evocar a terra recreando costumes e ambientes e manter o sentido de colectividade galega a través da exaltación dos valores propios e a dignificación do idioma, apelando ao sentimento. Varela Buxán con obras de tipo rural, popular, cómicas e sentimentais.
- Carácter máis culto, con técnicas e enfoques dramáticos innovadores que pretenden dotar as obras de validez universal, apelar ao intelecto e formular conflitos non necesariamente característicos do pobo galego. Castelao e Blanco Amor.