Poesía Galega Contemporánea: Xeracións e Autores Destacados

Lingua e literatura3,21 KB

Obras e Temáticas Iniciais

Publica tamén “O soño sulagado”, caracterizado polo intimismo de ton confesional, sobre a propia existencia.

Tras emigrar a Venezuela para coordinar as actividades culturais da “Hermandad Gallega”, nace “Viaxe ao país dos ananos”, que desmitifica a emigración e ataca os dirixentes das comunidades galegas en América.

A mediados dos anos 70, desemboca no concepto de antipoesía con “Antipoemas”, onde escribe contra o imperialismo norteamericano e o capitalismo.

E “Onde o mundo se chama Celanova”, de carácter intimista, destacan os poemas de amor a Moraima e a nostalxia da infancia.

A Promoción de Enlace (1920-1930)

A Promoción de Enlace fórmana poetas nacidos entre 1920 e 1930, autodidactas e nun illamento cultural e político. Toman os seus modelos da literatura española. As direccións poéticas son variadas, coma a poesía relixiosa, a Escola da Tebra e a poesía existencial.

A Escola da Tebra

A Escola da Tebra inaugúrase co poemario “Fabulario Novo” de Manuel Cuña Novás. Sintoniza co ambiente de angustia existencial que domina a Europa contemporánea. Cultivan esta corrente:

  • Manuel Cuña Novás
  • Manuel María
  • Novoneyra
  • Xohana Torres
  • Luz Pozo Garza

Cunha temática de carácter amoroso e forte sensualidade, e coas publicacións de “Códice Calixtino”, “Verbas Derradeiras” e “O Pazo de Tor”.

A Xeración das Festas Minervais (1930-1940)

A Xeración das Festas Minervais intégrana poetas nados entre 1930 e 1940. Non viviron a Guerra Civil e teñen como referencia a editorial Galaxia e a poesía de Celso Emilio Ferreiro. A súa formación é fóra de Galicia e teñen unha vinculación co nacionalismo de esquerdas (UPG).

Autores Destacados

Manuel María

Manuel María inaugura o realismo. Reivindica o compromiso co nacionalismo de esquerdas, a defensa das clases populares, o ecoloxismo e a paisaxe, e a denuncia de todo tipo de imperialismos.

Dentro das súas obras destacan:

  • Muíñeiro de Brétemas
  • Morrendo a Cada Intre
  • Poemas para Construír unha Patria

Novoneyra

Novoneyra é un poeta vencellado ás terras do Courel, cunha tendencia paisaxística moi persoal e mostrando unha preocupación política ligada ao compromiso nacionalista.

Obras:

  • Os Eidos
  • Eloxías do Courel
  • Poemas Caligráficos (fonosimbolista)

Xosé Luís Méndez Ferrín

Xosé Luís Méndez Ferrín funda o grupo Brais Pinto en 1957, publicando nese mesmo ano , de verso libre e cargado de símbolos.

Baixo o pseudónimo de Herberto Bens escribe obras de compromiso político e perfección formal (Poesía Enteira de Herberto Bens).

Con , inicia o culturalismo.

Outros Autores e Obras

  • Bernardino Graña con
  • Xohana Torres con e
  • López Casanova con e

Descargar

PDF Word HTML