Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Lingua e literatura de Bacharelato

O Galego desde 1975: Uso, Lei e Futuro

Lingua e literatura8,58 KB

Marco Legal do Galego

En 1975, co final da ditadura franquista, comezou para España un novo período político que conduce á posta en vigor da Constitución Española. Nesta Constitución contémplase a creación do Estado das Autonomías. A Constitución prevé que o español será a lingua oficial do Estado, polo que todos os españois teñen o deber de a coñecer e o dereito de a usar; as outras linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus Estatutos, e polo tanto, existirá o dereito legal de as usar. Como se ve, a Constitución non prevé a obrigatoriedade de coñecer estoutras linguas, senón tan só o dereito de as usar.

En 1980 apróbase o Estatuto de Autonomía de Galicia, que consagra...

Seguir lendo "O Galego desde 1975: Uso, Lei e Futuro" »

A Ilustración en Galicia: Autores e Obras

Lingua e literatura4,46 KB

A Ilustración

Coñécese en España co nome de Ilustración un movemento cultural que se produciu en toda Europa ao longo do século XVIII. Algunhas das súas características máis importantes son a exaltación da razón, o cultivo das ciencias, o estudo das humanidades clásicas e a preocupación polas linguas modernas e pola educación. O obxectivo principal dos ilustrados galegos é tentar superar o estado de atraso económico, cultural e social no que está sumida a nosa terra. Para iso, propoñen un programa reformista que poida mellorar o sistema produtivo e fúndase, con tal motivo, a Academia de Agricultura do Reino de Galicia (1765) e as Sociedades Económicas de Amigos do País (1784). No plano cultural, aparecen voces que defenden...

Seguir lendo "A Ilustración en Galicia: Autores e Obras" »

O Galego no Século XX: Historia, Normalización e Literatura

Lingua e literatura2,48 KB

Século XX e a Lingua Galega

A Preguerra (ata 1936)

Situación política, social e cultural

  • Fundación da Real Academia Galega
  • Normalización e estandarización da lingua: o galego enxebrista nos primeiros anos do século
  • Introdución do arcaísmo
  • Rexeitamento do vulgarismo propio da lingua oral
  • Progreso na eliminación dos castelanismos, dándolle preferencia a sinónimos diferentes do castelán
  • Recuperación a través dos lusismos de palabras perdidas ou desprazadas polo castelán
  • Introdución de hiperenxebrismos para hipercaracterizar o galego fronte ao castelán

De 1939 ata 1975: A Ditadura Franquista

  • Guerra Civil (1936-1939)
  • Resistencia ao franquismo (1939-1955) (O Consello de Galiza por Castelao; Galaxia (1950))
  • Recesión económica. Retroceso industrial
  • Anos
...
Seguir lendo "O Galego no Século XX: Historia, Normalización e Literatura" »

Poesía Galega desde 1975: Renovación e Tendencias

Lingua e literatura2,9 KB

A Poesía Galega desde 1975: Renovación e Tendencias

O Esgotamento da Poesía Social-realista

A mediados da década de 1970, o esgotamento da poesía social-realista, combativa e crítica, é cada vez máis evidente. A idea da poesía como instrumento eficaz de ataque e de denuncia da opresión e da falta de liberdades vai perdendo sentido coa chegada da democracia. Os poetas senten a necesidade dunha renovación estética; os novos temas, a linguaxe e os recursos formais adquiren maior importancia.

O Cambio de Rumbo: 1976

En 1976, publicáronse tres poemarios que marcaron o cambio de rumbo da poesía galega:

  • Con pólvora e magnolias, de Xosé Luís Méndez Ferrín
  • Mesteres, de Arcadio López Casanova
  • Serán, de Alfonso Pexegueiro

Sen deixar de lado...

Seguir lendo "Poesía Galega desde 1975: Renovación e Tendencias" »

Análise de Cantigas Medievais Galegas

Lingua e literatura2,71 KB

Nivel formal

Analizamos a cantiga desde o punto de vista dos versos, rima, estrofa e recursos

Cantiga de mestría ou de refrán

Métrica e esquema de rima

Rima asonante ou consonante e versos isosilábicos ou anisosilábicos
Rima masculina ou feminina
Palavra perduda e versos monorrimos

Estrofas ou cobras

Fiinda e ata fiinda
Tipo de estrofa unisonantes, singulares, dobras, alternas, capdenals, capcaudadas...

Recursos de estilo

Paralelismo, leixa-pren, dobre, mordobre

Outros aspectos salientables



Nivel de contido

Xustificamos o xénero, elaboramos síntese do contido e indicamos tema

Xéneros maiores

Cantiga de amigo
Suxeito lírico (finxido)
Monologada ou dialogada
Subtemas que aparecen: prohibición, insatisfacción, reconciliación, ausencia, reproches...
Personaxes
...
Seguir lendo "Análise de Cantigas Medievais Galegas" »

O Galego (1936-1975): Represión, Resistencia e Recuperación

Lingua e literatura2,85 KB

Contexto Histórico e Represión Lingüística

Co triunfo das tropas franquistas, a lingua galega perdeu toda posibilidade de acceder ás instancias oficiais e ao uso público. A ditadura franquista baseábase ideoloxicamente nun nacionalismo español exacerbado, así que volveu aplicar unha política de asimilación forzada, por medio da escola, da Administración e da Igrexa. Nos primeiros anos da posguerra, o clima de temor ante a represión política facía que escribir en galego resultase arriscado, pois podía ser entendido como unha actividade disgregadora, contraria á unidade nacional española.

Recuperación e Consolidación Literaria

A partir da década dos 40, apareceron indicios de recuperación do galego como lingua literaria, e...

Seguir lendo "O Galego (1936-1975): Represión, Resistencia e Recuperación" »

Literatura Galega do Exilio e Actual: Autores e Obras

Lingua e literatura6,55 KB

Literatura Galega do Exilio (1936-1976)

Poesía

  • Tras as represións que sofre Galicia, os exiliados de concienciación galeguista comezan a escribir.
  • Luís Seoane: cun importante labor editorial e xornalístico, comeza a escribir Na brétema, con voz de conciencia e denuncia.
  • Lorenzo Varela: membro do Partido Comunista, autor de Catro poemas para catro gravados e Lonxe, mantén as características da súa produción anterior.
  • Eduardo Blanco Amor: autor de Poema en catro tempos. Os críticos salientan a súa riqueza léxica.
  • Outros escritores: Emilio Pita (temática civil) e Florencio Delgado Gurriarán (exilio mexicano).

Prosa

  • A prosa céntrase na temática da Guerra Civil.
  • A narrativa da posguerra baséase, sobre todo, en: crónica realista, autobiografía
...
Seguir lendo "Literatura Galega do Exilio e Actual: Autores e Obras" »

Funcións das oracións e formación do feminino e do plural en galego

Lingua e literatura7,11 KB

Funcións das oracións

- Representativa/referencial (referente, Pepe naceu en Cambados)

- Expresiva (emisor; puahg, buf, ai; que cansa estou, é engaiolante)

- Apelativa/conativa (receptor, mensaxes publicitarias)

- Poética (forma da mensaxe, poesia, en galego vivo vigo)

- Fática (canle; oes, entendiches, atende oh)

- Metalinguística (código, estudos lingüísticos, o seseo é unha característica dialectal propia das áreas + occidentais)

Formación do feminino

- O cal, a mensaxe, o sal, a peaxe, a auga, o anel;

- Palabras acabadas en vogal atona (cambian O por A)

- Palabras rematadas en vogal tónica ou consoante (avo avoa, rapaz rapaza, ladrón ladroa, solteirón solteirona, lacazán lacazana, folgazán folgazana, cristian cristia, crumán curma,...

Seguir lendo "Funcións das oracións e formación do feminino e do plural en galego" »

A Promoción de Enlace e a Xeración das Festas Minervais

Lingua e literatura5,11 KB

A Promoción de Enlace

Os autores que se reúnen baixo esta denominación non gardan coherencia de grupo; cada quen trata de buscar o seu estilo. Aínda así, é posible atopar neles algúns puntos en común. Naceron entre 1920 e 1930. Formados culturalmente en castelán, escriben primeiro nas dúas linguas. Viven o drama social da posguerra e a pobreza cultural dunha sociedade censurada e bastante illada da cultura europea. Destacan:

  • Luz Pozo Garza
  • Antón Tovar
  • Manuel Cuña Novás

Manuel Cuña Novás (Pontevedra, 1926-1992) é representante da Escola da Tebra. A súa obra Fabulario Novo (1952) reflicte un sentimento de angustia e desesperación ante a vida, utilizando imaxes nas que predomina a sensación de sombras e de escuridade.

Luz Pozo Garza

Nace...

Seguir lendo "A Promoción de Enlace e a Xeración das Festas Minervais" »

Galego no Século XX: Lingua, Cultura e Sociedade

Lingua e literatura2,77 KB

O Galego no Primeiro Terzo do Século XX

A comezos do século XX, houbo unha recuperación do galego como idioma cultural, histórico e literario, pero, á vez, tamén houbo un descenso no nivel do uso oral. O galego non vivía aínda unha situación normalizada e iso provocou un retroceso en medios sociais e xeográficos. A toma de conciencia dos campesiños provocou un salto cualitativo na utilización do galego.

Nacionalismo e as Irmandades da Fala

O nacionalismo estaba tan vinculado ao idioma que as súas primeiras manifestacións constituíron as Irmandades da Fala, creadas para a defensa e normalización do idioma. As Irmandades creáronse en 1916 na Coruña. Para a divulgación do seu ideario, crearon un xornal de expresión galega: A Nosa

...
Seguir lendo "Galego no Século XX: Lingua, Cultura e Sociedade" »