A Lírica Galega na Posguerra: Xeracións e Autores Clave (1936-1976)
A Poesía Galega entre 1936 e 1976
Tras a Guerra Civil, o Segundo Rexurdimento galego freouse cun forzoso silencio pola represión contra o galeguismo, o que levou a moitos intelectuais ao exilio.
Entre os galegos que non se exiliaron, houbo que esperar ata 1947 para a publicación da primeira obra na nosa lingua durante a ditadura: Cómaros Verdes, de Aquilino Iglesia Alvariño.
A partir de aquí, a nosa lingua comezou a recuperarse. En 1950 fundouse a Editorial Galaxia, con puntos semellantes aos de Risco e Nós, que fomentou a publicación de obras en galego e aglomerou a moitos escritores galegos. Cabe así mesmo destacar as coleccións de poesía Benito Soto e Illa Nova, así como a aparición do Día das Letras Galegas, coma vías para fomentar...