Literatura Galega de Posguerra: Narrativa e Xeración dos 50

Lingua e literatura2,84 KB

A Narrativa de Posguerra: Temas e Estilos

A Obra Narrativa: Humor, Maxia e Tipos Populares

A súa obra narrativa clasifícase na narrativa longa, na que escribiu Merlín e familia (cunha estrutura achegada á novela), As crónicas do Sochantre e Se o vello Simbad volvese ás illas. Nestas obras aparecen personaxes míticos e as accións, excepto en Merlín e familia, ocorren fóra de Galicia.

Tamén cultivou os libros de semblanzas, dos que nos deixou tres títulos: Os outros feirantes, Escola de menciñeiros e Xente aquí e acolá, onde retrata tipos de carácter popular. Nestes libros, os protagonistas, os ambientes e os espazos son totalmente galegos.

A súa obra caracterízase polo humor, a ironía, a parodia e a humanización de personaxes míticos dentro dunha Galicia rural, tradicional e máxica, utilizando as técnicas narrativas tradicionais galegas.

Xosé Neira Vilas: O Mundo Rural e a Emigración

Neira Vilas é o escritor do mundo rural e da Galicia da emigración con obras fundamentais como Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo ou Xente no rodicio. Nas súas obras destaca a presenza da miseria, do caciquismo ou dos problemas do mundo infantil.

A Xeración das Festas Minervais (Xeración dos 50)

Renovación Poética e Compromiso Nacionalista

A Xeración das Festas Minervais ou dos 50 é a terceira xeración de posguerra. Está constituída por autores nacidos entre 1930 e 1940 que comezaron a escribir no xornal La Noche e en Illa Nova de Galaxia. Teñen en común o monolingüismo galego e a militancia nacionalista. Son os renovadores da poesía, xa que rompen coa tradición literaria anterior.

Obras Clave da Ruptura co Socialrealismo

No ano 1976, Arcadio López Casanova publica Mesteres e Méndez Ferrín publica Con pólvora e magnolias. Estas obras están consideradas como as obras do cambio que supuxo a ruptura co socialrealismo e que pecharon a etapa franquista.

Autores Destacados da Xeración

  • Manuel María: Destaca coas obras Muiñeiro de Brétemas ou Terra Chá, movéndose entre a poesía paisaxística e a Escola da Tebra.
  • Uxío Novoneyra: Coa obra Os eidos, onde canta á natureza do Courel.
  • Xosé Luís Méndez Ferrín: Considerado o autor máis importante da literatura actual. A súa obra caracterízase por fortes referencias culturais, o compromiso nacionalista e un estilo simbólico. A obra máis importante é Con pólvora e magnolias (1976), que, xunto con Mesteres de Casanova, supuxo un cambio de rumbo na poesía caracterizado polo redescubrimento da linguaxe e da estética.

Descargar

PDF Word HTML