A Lingua Galega: Historia, Normalización e Situación Sociolingüística
Linguas Minorizadas e o Galego (TEMA 3)
As linguas minorizadas son as que están en desvantaxe con respecto a unha lingua dominante coa que comparten territorio. Non sempre a maioritaria é a dominante. Existen dous conceptos: minoritaria fronte a maioritaria e minorizada fronte a dominante.
Linguas Minoritarias
- Número reducido de falantes.
- Normalizada no seu territorio, usos non restrinxidos. Pode ser lingua oficial.
Linguas Minorizadas
- Padecen restricións para algúns usos aínda que teñen moitos falantes.
- Non posúen condicións para desenvolverse con normalidade.
- Pode estar en proceso de substitución ou extinción.
A competencia de dúas linguas prodúcese pola imposición dunha delas como oficial, estando a lingua minorizada nas clases baixas...