Literatura Galega: Textos Propagandísticos e Precursores do Rexurdimento

Lingua e literatura2,68 KB

Literatura de Circunstancias: Textos Propagandísticos en Galego

Denomínanse literatura de circunstancias debido ao contexto da loita contra os franceses e o conflito entre absolutistas e liberais. Con estes textos é a primeira vez que se utiliza o galego tras os Séculos Escuros.

Tipos de Textos Propagandísticos

  • Escritos de Guerra

    A finalidade era manter excitados os ánimos do pobo contra os franceses, conseguir a súa mobilización e informar. A defensa do idioma era secundaria. Exemplo: Proezas de Galicia de Xosé Fernández Neira.

  • Cartas, Diálogos e Folletos Propagandísticos

    O desexo de liberais e conservadores de atraer á súa causa ao campesiñado motivou a aparición de textos en prosa galega en forma de cartas ou diálogos, é dicir, propaganda política. Exemplo: Os rogos dun galego establecido en Londres de Manuel Pardo.

    A restauración durante o Trienio Liberal da liberdade de imprenta e o regreso dos intelectuais exiliados fomentou a publicación dalgúns folletos propagandísticos (como La tertulia de la Quintana). A Primeira Guerra Carlista traerá de novo a literatura de propaganda.

  • Textos Literarios Anteriores ao Provincialismo

    Aparición dos primeiros textos en galego con intención fundamentalmente propagandística:

    • Algunhas son poesías satíricas, outras obras de circunstancias.
    • Un feixe de panxoliñas destinadas ao Nadal.

    O principal autor do século XIX foi Antonio Bieito Fandiño (A Casamenteira). Tamén destaca Nicomedes Pastor Díaz (Alborada).

Os Precursores do Rexurdimento Galego

Autores clave que sentaron as bases para o Rexurdimento:

  • Xoán Manuel Pintos Villar

    Autor de A Gaita Galega, poemas no medio dun diálogo bilingüe sostido por un gaiteiro e un tamborileiro, con clara intención didáctica.

  • Francisco Añón

    Coñecido por A Galicia, un himno dedicado a Galicia presentado aos Xogos Florais.

Os Xogos Florais da Coruña

A celebración destes xogos na cidade da Coruña supuxo un acontecemento importante para a literatura galega. Basicamente, trátase dunha selección de poemas dos precursores de grandes figuras como Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal. Unha recompilación destacada é o Álbum de la Caridad.

Descargar

PDF Word HTML