Literatura Popular Galega: Mitos, Lendas e Cantigas de Amigo

Lingua e literatura11,59 KB

1. Concepto e Características da Literatura Popular

A literatura popular comprende manifestacións literarias creadas polo pobo e transmitidas fundamentalmente de forma oral, en contraste coa literatura culta, que ten autor coñecido e transmisión escrita. É unha parte esencial da cultura dun pobo e mantén interaccións coa literatura culta.

Os seus trazos fundamentais son:

  • Oralidade: transmítese de xeración en xeración, a miúdo con música ou ritmo. Abundan repeticións e fórmulas fixas para facilitar a memoria.
  • Anonimato ou colectividade: non se coñece o autor; son creacións colectivas.
  • Variación: debido á transmisión oral, existen múltiples versións dun mesmo texto.
  • Importancia lingüística e sociocultural: axuda a coñecer o léxico popular, as crenzas e o modo de vida doutras épocas.

2. As Narracións Populares

A narrativa popular inclúe tres formas principais: mitos, lendas e contos.

a) As Narracións Míticas (Mitos)

  • Protagonizadas por deuses ou heroes.
  • Ambientadas en tempos remotos.
  • Explican a orixe do mundo, dos fenómenos naturais ou da existencia humana.

En Galicia, por exemplo, aparece o País das Ánimas, relacionado coas crenzas sobre o máis alá.

b) As Lendas

Relatos que combinan feitos reais con elementos marabillosos. Poden ser:

  • Etiolóxicas: explican a orixe dun nome ou lugar.
  • Históricas: recrean feitos de distintas épocas.
  • Xenealóxicas: explican a orixe dun apelido ou familia.
  • Haxiográficas ou relixiosas: relacionadas con santos, tradicións xacobeas ou milagres.

Moitas lendas galegas inclúen mouros, xigantes ou criaturas que gardan tesouros, especialmente en mámoas, castros ou dolmens.

c) O Conto Tradicional ou Popular

Relato breve, sinxelo e imaxinativo con función moralizante.

  • Non se sitúa nun tempo concreto e non pretende ser verosímil.
  • Personaxes moi esquemáticos (bos, malos, astutos…), con oficios ou condicións fixas.
  • Emprega fórmulas típicas: “Érase unha vez…”, “E así termina este conto”...

Tipos de contos:

  • Marabillosos: con seres fantásticos.
  • Realistas: extraídos da vida cotiá.
  • Humorísticos: teñen finalidade de facer rir.
  • Apólogos: teñen finalidade moral.

Diferenzas entre contos e lendas:

  • O conto é máis esquemático e simbólico; a lenda ten localización concreta.
  • O conto usa fórmulas fixas; a lenda non.
  • A lenda pode incluír seres sobrenaturais ou feitos históricos; o conto céntrase en personaxes-tipo.

3. A Poesía Popular

É un conxunto de cancións e poemas transmitidos oralmente, normalmente anónimos e colectivos. Tratan temas moi variados:

  • Grandes temas universais: amor, morte, natureza.
  • Crenzas e costumes sociais.
  • O mundo infantil.
  • O traballo e as festas (labores, Nadal, Reis, Maio…).

Formas poéticas populares

  1. Cantiga: É unha composición pensada para ser cantada. A forma pode variar segundo a tradición.
  2. A Copla: Estrutura moi común na poesía popular. Combinación de catro versos octosílabos, con rima asonante nos versos pares. Serve para expresar todo tipo de contidos: amorosos, relixiosos, morais, satíricos…
  3. O Cantar: Composición breve (cuarteto, seguidilla, redondilla...). Normalmente de catro versos de arte menor (moitas veces octosílabos) con rima nos pares.
  4. O Terceo: Dous versos octosílabos con rima entre o primeiro e o terceiro.
  5. A Muiñeira: Composición ligada á danza, con ritmo marcado. Versos entre 10 e 12 sílabas e acentos fixos → especialmente nas sílabas 1ª, 4ª, 7ª e 10ª.
  6. O Romance: Composición narrativa de extensión indeterminada. Versos octosílabos con rima asonante nos pares. Relata acontecementos ou historias.

Temas da vida cotiá

Abundan os cantos de labor, sobre tarefas do campo e oficios. A poesía popular aborda aspectos cotiáns e celebracións.

Tipos de cantigas segundo o contido

  1. Cantigas infantís: De berce, arrolos ou con letras de xogos infantís.
  2. Cantigas de costumes: Relacionadas con celebracións anuais: entroido, San Xoán, defuntos, romarías, vodas...
  3. Cantigas de labor: Acompañan tarefas: malla, sega, muíño, fiado…
  4. Panxoliñas e cantos de Reis: Cantos propios do Nadal e das rondas de Reis.

Desafíos e Parrafeos

Composicións dialogadas, de ton irónico ou burlesco. Os desafíos adoitan ter estrutura fixa en cuartetas. A regueifa é unha variante típica das vodas, con diálogo cantado improvisado.

Romances e Cantares de Cego

Poemas narrativos cantados por cegos en feiras e romarías. Trataban sucesos, crimes ou historias de interese popular.

Teatro Popular

Pezas breves e cómicas: farsa, sainete, entremés. Representacións en contextos festivos, tanto relixiosos como profanos. Tamén destaca o teatro de monicreques.

Valoración da Cultura Popular

Desde finais do século XVIII produciuse unha revalorización das tradicións populares. O Romanticismo destacou a importancia da cultura do pobo como expresión do "xenio" dun país.

Figuras importantes na recolla de cantigas:

  • Frei Martín Sarmiento

1. Orixe e Definición da Cantiga de Amigo

A cantiga de amigo é un xénero poético da lírica galego-portuguesa de carácter feminino, aínda que composta por homes. Procede da tradición popular e tamén da canción de muller europea e da poesía mozárabe (kharxa). Presenta unha voz feminina que expresa sentimentos amorosos e fala cun confidente (nai, irmá, amigas ou o propio amigo).

2. Marcas de Xénero da Cantiga de Amigo

As cantigas de amigo identifícanse por varios elementos característicos:

  • Voz poética feminina (a amiga).
  • Uso da palabra amigo como namorado.
  • Localizacións topográficas: praia, fonte, río, mar, ermida, souto…
  • Símbolos naturais: cervo, ondas, pino, flor, fonte…
  • Escenas da vida cotiá: lavar, bailar, ir á romaría, esperar polo amigo.
  • Elementos repetitivos: paralelismo, leixaprén, presenza de refrán.

3. Modalidades do Discurso

Segundo as voces que interveñen:

  • Cantigas monologadas: fala só a moza, dirixíndose ao amigo, á nai, amigas, Deus ou á natureza.
  • Cantigas dialogadas: dúas voces, normalmente a nai e a filla.
  • Cantigas con narración mixta: o narrador introduce o que di a moza.

4. Temas Principais

O tema central é o amor e os seus efectos:

  • Ausencia do amigo (partiu ao mar, a unha guerra…).
  • Saudade e tristeza pola separación.
  • A espera e a desesperación amorosa.
  • O encontro amoroso.
  • O amor correspondido, tema importante neste xénero.
  • A figura feminina, consciente da súa beleza e orgullo.
  • Eloxio do amigo e ás veces da súa arte poética.

5. Personaxes

  • A amiga: protagonista; moza nova, namorada, sensible, ás veces desolada, orgullosa ou celosa.
  • O amigo: aparece menos, adoita estar ausente, descrito polas palabras da moza.
  • A nai: protectora, conselleira ou vixiante; a miúdo impide a relación amorosa.
  • As amigas/confidentes: apoian á moza e comparten con ela os seus sentimentos.

6. Modalidades Xenéricas

Segundo o tema e a localización, hai subxéneros:

  • Mariñas ou barcarolas: escenario mariño (ondas, mar, barcos).
  • Cantigas de romaría ou santuario: encontros en peregrinacións ou festas relixiosas.
  • Bailadas ou bailías: inclúen danza e alegría festiva.
  • A alba: separación dos amantes ao amencer.

7. Símbolos e Natureza

Moitos elementos naturais funcionan como símbolos amorosos:

  • Árbores: lugar ideal para o encontro.
  • A auga (mar, río, fonte): pureza, fertilidade e sexualidade.
  • Baños de amor: intimidade amorosa.
  • O cabelo: símbolo de xuventude e beleza; o seu lavado representa preparación amorosa.
  • O cervo: forza viril e desexo.
  • As doas, cinto, camisa, brial: obxectos simbólicos que representan fidelidade, compromiso ou desexo.
  • A fonte: vida, amor e reprodución.

8. Recursos Formais

Tres elementos fundamentais:

Paralelismo

  • Literal ou verbal: repetición case idéntica dunha frase variando algunha palabra.
  • Estrutural: mantense a mesma estrutura sintáctica.
  • Semántico: a mesma idea exprésase con palabras distintas, creando progresión.

Leixaprén

Repetición dun verso da estrofa anterior ao inicio da seguinte, creando un efecto encadeado.

Refrán

Verso repetido ao final das estrofas.

Funcións dos Intérpretes na Lírica Trovadoresca

 CompoñenInterpretanNobreza altaNobreza baixaPobo
TrobadoresSINOSINONO
XograresNOSINONOSI
SegreisSISINOSISI

Descargar

PDF Word HTML