A Poesía Galega Contemporánea: Evolución e Tendencias
A poesía galega de fins do século XX e comezos do XXI
O ano 1975 marca un punto de inflexión coa morte de Franco, o que permitiu o regreso do galego ao ensino e á vida pública. Arcadio Casanova iniciou este cambio co poemario Con pólvora e magnolias.
A poesía nos anos 80
As principais características desta década son:
- Ruptura co realismo social.
- Busca de novos suxeitos líricos.
- Experimentación e interdisciplinariedade.
- Culturalismo e intertextualidade.
- Integración de elementos da cultura urbana e marxinal.
- Incorporación do erotismo explícito.
- Preocupación formalista e barroquismo.
Autores destacados:
- Darío Xohán Cabana: Traductor de Dante e Petrarca, as súas poesías foron cantadas polo grupo Fuxan os Ventos.
- Manuel Vilanova: Simbolista, autor de E direivos eu do mester de covas.
- Xosé María Álvarez Cáccamo: Aberto á realidade a través das vivencias, destaca en Praia das furnas.
- Miguel Anxo Fernán-Vello: Centrado en temas como o amor, o corpo e o desexo.
A poesía nos anos 90
Esta etapa caracterízase polo individualismo e unha gran pluralidade. Os autores adoptan unha postura provocadora e combativa.
Características principais:
- Linguaxe máis directa e coloquial.
- Predominio de recitais.
- Tratamento de temas sociais con novas sensibilidades.
- Difusión a través de internet, audio e vídeo.
- Incorporación da muller á poesía, xerando unha nova vertente feminista.
Autoras e autores destacados: Luísa Villalta, Chus Pato, Iolanda Castaño, Carlos Caneiro, Anxo Quintela, Millán Otero e Miro Villar.
Linguas minorizadas e linguas minoritarias
Podemos considerar linguas minoritarias aquelas que, no seu territorio, teñen un número reducido de falantes. As linguas minorizadas son variedades lingüísticas de pequena extensión pero maioritarias no seu propio territorio.
O galego é unha lingua minorizada, xa que, aínda que no conxunto de España o número de falantes é inferior ao do castelán, é a lingua propia de Galicia. Ser minorizada implica factores extralingüísticos que condicionan a percepción dos falantes sobre o seu idioma, dificultando a normalización e favorecendo a visión da outra lingua como hexemónica.