A Poesía Galega entre 1936 e 1976: Xeracións e Autores

Lingua e literatura3,11 KB

A poesía galega entre 1936 e 1976

A interrupción da actividade literaria en galego debido á Guerra Civil provocou que, entre 1935 e 1946, non aparecese ningún libro. A primeira obra publicada foi Cómaros verdes de Aquilino Iglesia Alvariño (1947). Os medios oficiais sementaban en Galicia temores e terrores, o que dificultaba a expresión na nosa lingua.

A editorial Galaxia impulsou o labor de recuperación da lingua. Nacen coleccións de poesía como Salnés (Vigo), Benito Soto (Pontevedra), Alba (A Coruña) e Xistral (Lugo).

No 1962, publícase Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro, introducíndose na tradición da poesía cívica. Posteriormente, Méndez Ferrín sinala unha ruptura co realismo crítico de Celso Emilio, anunciando un novo vieiro na poesía galega con Con pólvora e magnolias.

As tres xeracións da posguerra

Segundo Méndez Ferrín, son tres as xeracións que refan a literatura de posguerra:

1. Xeración do 36 (1910-1920)

Autores: Iglesia Alvariño, Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Xosé M.ª Álvarez Blázquez, entre outros.

A desorientación marca os primeiros tempos pola falta dunha tradición continuada, o que se nota no entrecruzamento de correntes: hilozoísmo, clasicismo, neotrobadorismo, vitalismo existencial e intimismo.

2. Promoción de Enlace (1920-1930)

Autores: Pozo Garza, Ramón González Alegre, Antón Tovar, Tomás Barros, Manuel Cuña Novás.

  • A desorientación é máis aguda debido a unha formación precaria e á censura franquista.
  • Comezan publicando en castelán, acusando as pegadas dos poetas da Xeración do 27 e das vangardas galegas.
  • A súa poesía caracterízase pola temática existencial e angustiada, sen faltar o compromiso social. Luís Pimentel é un exemplo de poeta refuxiado na creación.

3. Xeración das Festas Minervais (1930-1940)

Autores: Manuel María, Bernardino Graña, Xohana Torres, Méndez Ferrín.

Tiveron estudos universitarios e déronse a coñecer nas Festas Minervais, certames que premiaban a poesía en galego. Colaboraron en La Noche e impulsaron unha renovación baseada en trazos vangardistas, influencias europeas e o diálogo coa tradición galega.

A Escola de Tebra e o compromiso social

As formas renóvanse dando lugar á Escola de Tebra, onde domina unha filosofía existencialista e unha visión pesimista da vida. O compromiso destes autores dá orixe a diversas liñas poéticas:

  • Canto telúrico: Uxío Novoneira (Os Eidos).
  • Realismo coloquial: Manuel María (Documentos persoais).
  • Afirmación rupturista: Bernardino Graña (Poema dun home que quixo vivir).
  • Poesía beat e revolucionaria: Méndez Ferrín (Antoloxía popular de Heriberto Bens).

Podemos falar dunha promoción poética de conxunto pola súa importante contribución á cultura galega baixo o franquismo.

Descargar

PDF Word HTML