Cantigas de amor: caracterización e clasificación

Lingua e literatura3,24 KB

Cantigas de amor: caracterización temática

Cantigas de amor. Caracterización temática. A voz narrativa é sempre a dun home que expresa os seus sentimentos diante da dama da que está namorado. As características principais son as seguintes:

  • A primeira e esencial característica das cantigas de amor é que nelas a voz narrativa é sempre a dun home que expresa os seus sentimentos diante da dama da que está namorado.
  • Protagonismo da dama. A dama nunca se perfila como alguén real, senón máis ben como un ser abstracto do que apenas coñecemos que é sempre fermosa, tanto no tocante ao aspecto físico como no que atinxe ao espiritual.
  • Actitude do namorado. O namorado non pode mostrar máis que absoluta submisión cara á súa amada. Trátase dun amor do que non pode fuxir, un amor cuxa forza está por riba da súa propia vontade.
  • Amor non correspondido. Trátase, na maioría dos casos, dun amor non correspondido.
  • Coita de amor. A consecuencia directa desa relación é a coita de amor: o sentimento de dor profunda que sofre o trobador ao non poder acadar o ben da amada. Diante de tal penuria, moitas veces remata mesmo na morte.

Clasificación

A clasificación das cantigas de amor pode facerse segundo o destinatario e segundo a presenza ou ausencia de refrán.

  • Segundo o destinatario:
    • Cantigas dirixidas directamente á dama.
    • Cantigas dirixidas indirectamente á dama (son máis numerosas).
  • Segundo a presenza de refrán:
    • Cantigas de refrán: constitúen o maior número de composicións.
    • Cantigas de mestría: son composicións nas que non aparece refrán.

Pastorela

Pastorela: O lirismo trobadoresco galego-portugués conta aínda cun conxunto de composicións que non resulta doadamente encadrable, xa que aparecen dotadas de autonomía e identidade propia. Os estudosos adoitan falar da presenza de xéneros menores ou híbridos, incluíndo baixo esta etiqueta fórmulas como o partimen, o pranto, o desacordo... De entre todas estas variedades destaca especialmente a pastorela.

Modelo clásico da pastorela desenvolvido polos trobadores occitánicos

  • Un cabaleiro atopa unha fermosa pastora mentres cabalga e camiña polo campo.
  • Seducido e namorado repentinamente dela, solicítalle os seus amores.
  • Producese un diálogo entre a pastora e o galán.
  • A pastora acepta as propostas del (no modelo clásico).

Outros xéneros

Os xéneros menores ou híbridos agrúpanse nun conxunto de composicións entre as cales se inclúen:

  • Lais: fan referencia á Materia de Bretaña, ao mundo do rei Arturo e dos seus cabaleiros.
  • Pranto: expresa a dor pola perda ou desgraza dunha causa, sexa esta unha persoa, a destrución dunha cidade, etc.
  • Cantiga de seguir: composicións nas que se parte doutro texto orixinal ao que se parodia.

Descargar

PDF Word HTML