Poesía Galega de Posguerra: 1936-1975
Poesía de Posguerra (1936-1975)
Tras a Guerra Civil Española (1936-1939) comeza a ditadura franquista, época de represión social e ideolóxica. Esta represión facía que culturas como a galega e a catalá fosen perseguidas. Asasinaron algúns importantes galeguistas como Alexandre Bóveda, censuraron obras como A Esmorga e Sempre en Galiza. A partir de 1947 suavizouse esta represión e saíron á luz obras como Cómaros verdes, e creouse a editorial Galaxia. A partir da morte de Franco, os homes da Xeración Nós fomentaron a cultura nos anos 60 e comezaron a xurdir os partidos políticos de esquerdas, como a UPG, pero na clandestinidade.
A Poesía entre 1936 e 1975
A poesía, en certa maneira, foi un xénero privilexiado, xa que se publicaron máis obras que de narrativa. Podemos distinguir tres xeracións:
Xeración do 36
Naceu entre 1910 e 1920, sufriu directamente a Guerra Civil e formouse grazas aos homes da Xeración Nós e ás vangardas. Seguen as tendencias poéticas paisaxísticas e intimistas. O hilozoísmo e o neotrobadorismo cobraron orixinalidade. Outras orientacións foron o clasicismo, a relixiosidade, etc.
Autores:
- Aquilino Iglesias Alvariño: Entre as súas obras destacan Señardá, de influencia saudosista e modernista; Corazón ao vento, paisaxismo en estrofas populares na liña de Noriega Varela; e Cómaros verdes, paisaxismo sen rima e con influencia do neotrobadorismo e do hilozoísmo.
- Xosé María Díaz Castro: Nimbos, onde importa a relixiosidade e recorre a símbolos relacionados coa luz e coa sombra, lembranza do paraíso perdido da infancia e a musicalidade.
- Álvaro Cunqueiro: Dona do corpo delgado, poemario neotrobadorista e pouco vangardista; Herba aquí e acolá, onde reflexiona sobre a identidade humana, a dor e a morte. Este poemario renovou a poesía galega.
- Luís Pimentel: Sombra do aire na herba, con influencias vangardistas e modernistas. É o poeta do misterio e dos nenos.
- Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra, poemario social-realista no que innova a linguaxe; Viaxe ao país dos ananos, crítica sarcástica e irónica contra os emigrantes desgaleguizados e contra o capitalismo. Outros poemarios son Cantigas de escarnio e maldicir e Antipoemas, que critican a sociedade.
Promoción de Enlace
Nace entre 1920 e 1930. Non coñeceron a fondo a Guerra Civil e a súa formación está marcada polo illamento cultural que sufriu España. Son escritores bilingües que comezan a escrita en castelán. Caracterízanse polo intimismo, de maneira persoal en cada poeta. Continúa a preocupación social.
Autores:
- Antón Tovar Bobillo: Arredores, segue a liña existencialista de preocupación social e o intimismo.
- Luz Pozo Garza: O paxaro na boca, amor, forte sensualidade e linguaxe exuberante; Prometo a flor de loto, desde o amor reflexiona sobre a vida e a morte.
- Manuel Cuña Novás: Fabulario novo, é o poemario que abre a Escola da Tebra: dor, desarraigo existencial, angustia, soidade.
Xeración das Festas Minervais
Nace entre 1930 e 1940. A súa formación débese ás figuras históricas de Galaxia, da Xeración do 36 e a Celso Emilio Ferreiro. Pertencen a unha pequena burguesía liberal e republicana. Non coñecen a guerra, teñen unha actitude inconformista e renovadora. Destacan os grupos O Facho (A Coruña), o grupo compostelán e o grupo Brais Pinto, reivindicador do galeguismo político. Entre as características principais destacan a Escola da Tebra (pesimismo e existencialismo) e o discurso socio-realista cun afán de superación e modernidade. Os escritores teñen influencia da literatura estranxeira, angloamericana principalmente.
Autores:
- Manuel María: Morrendo a cada intre, visión atormentada da existencia; Terra Chá, descritivismo paisaxista.
- Uxío Novoneyra: Os Eidos, Libro do Courel e Poemas caligráficos. Poesía paisaxística cun ton existencialista (o home en soidade ante a natureza que entrégase á reflexión sobre a vida e a morte), linguaxe na que domina a exclamación.
- Xohana Torres: Do sulco, intimismo, dominio profundo do ritmo e da musicalidade.
- Bernardino Graña: Poema do home que quixo vivir, estética de angustia e de dor existencial; Non vexo Vigo nin vexo Cangas, social-realismo; Se o noso amor e os peixes..., temática amorosa.
- Xosé Luís Méndez Ferrín: Voce na néboa, existencialismo con presenza do elemento imaxinario e fabulador; Con pólvora e magnolias, abre as portas do cambio do rumbo poético nos 80, culturalismo e abundancia de recursos estilísticos.