Estandarización do Galego: Historia, Normativa e Criterios

Lingua e literatura2,48 KB

Elaboración do estándar: perspectiva histórica

A normativización é custosa. O primeiro paso a realizar é a fixación dunha ortografía, a escolla dunha variedade estándar e a elaboración de dicionarios e gramáticas.

No galego, dicionarios e gramáticas aparecen a partir de 1860, pero non é ata o século XX cando comezan a haber propostas de normas comúns. Un claro exemplo é Algunhas Normas pra a Unificación do Idioma Galego, publicado en 1933 polo Seminario de Estudos Galegos, coa posterior publicación de Engádega ás Normas pra a unificación do Idioma Galego (1936).

Máis tarde, nos anos 70, a RAG (Real Academia Galega) sacou á luz os seus primeiros resultados no proceso de estandarización: Normas ortográficas do idioma galego (1970) e Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (1971). Ademais, nese mesmo ano creouse o Instituto da Lingua Galega en Santiago, o cal axudou á publicación dos primeiros métodos de aprendizaxe como Galego 1, 2 e 3.

Normativa oficial: selección e cualificación

Tras converterse en lingua cooficial, a RAG e o ILG publicaron as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, declaradas oficiais pola Xunta. Máis tarde, estas normas foron actualizadas (1995, 2003).

Criterios para a elaboración de normas

A elaboración de normas debe fixar a ortografía con tres criterios:

  • Criterio fonolóxico: Unha soa grafía = un só fonema.
  • Criterio etimolóxico: A representación gráfica dun fonema depende do etimo latino de cada palabra.
  • Tradición escrita: Na representación das palatais e lateral optouse polas grafías ñ e ll, como xa fixeran escritores do Rexurdimento.

Selección da variedade estándar

No referente á selección estándar, pódese escoller unha das variedades xeográficas da lingua ou ben crear unha variedade supradialectal. Na selección estándar tense en conta:

  • A maior extensión xeográfica.
  • O número de falantes.
  • O grao de uso na literatura.
  • A harmonía coas demais linguas románicas (por iso escolleuse ti no lugar de tu, xa que é máis habitual).

A norma estándar pretende eliminar castelanismos, lusismos, arcaísmos ou hipergaleguismos, e por iso en ocasións recorre ao galego antigo ou mesmo ao portugués.

Descargar

PDF Word HTML