A Evolución do Galego: Século XIX, Guerra Civil e Lexislación Actual

Lingua e literatura6,34 KB

O Século XIX: O Rexurdimento Literario

No século XIX produciuse o rexurdimento literario do galego. As ideas do Romanticismo favoreceron o desenvolvemento dunha corrente ideolóxica galeguista cos obxectivos fundamentais da defensa de Galicia e da súa lingua.

Contexto Político e Lexislativo

  • A guerra contra os franceses propiciou o uso do galego en impresos propagandísticos, como o folletoProezas de Galicia (1810) de Fernández Neira. O uso do galego esténdese a temas políticos do momento, esixindo o emprego da lingua dos seus destinatarios.
  • As estruturas do Antigo Réxime foron substituídas polo aparato administrativo dun estado liberal. As ideas liberais plasmáronse na Constitución de Cádiz.
  • O cambio político trouxo as ideas da Revolución Francesa (liberdade, igualdade e fraternidade), o centralismo e a uniformación do Estado.
  • En 1833 modificouse a organización do territorio: o Reino de Galicia desaparece como unidade administrativa e é substituído polas catro provincias.
  • A intensificación do proceso centralista e uniformador non foi só administrativa e tributaria, tamén educativa e lingüística. En España, a Lei Moyano de Instrución Pública (1857) declarou a alfabetización obrigatoria en castelán en todo o Estado.

O Rexurdimento e a Cuestión Lingüística

Nesta época, o galego segue sendo a lingua maioritaria da poboación. Porén, o proceso de imposición do castelán continúa e vaise estendendo ás clases medias acomodadas e ás cidades.

O Bilingüismo e a Marxinación Cultural

Os que protagonizaron o rexurdir literario da lingua pertencían a clases sociais total ou parcialmente castelanizadas. O castelán era a lingua da minoría gobernante, a lingua habitual e a única que gozaba de prestixio social. O seu coñecemento facíase imprescindible se se quería progresar socialmente.

Esta situación supón o inicio en Galicia do que se denomina bilingüismo: os galegofalantes vense obrigados a aprender outra lingua, o castelán, e a facerse bilingües. Os castelanfalantes non senten ningunha presión neste sentido, o que se mira como un privilexio máis do grupo dominante.

Movementos Galeguistas (1840-1900)

En 1840 xorde o movemento galeguista contra o carácter centralista e uniformador do Estado. O conflito galego-castelán enténdese como a loita por rescatar o galego da súa situación de marxinación cultural, loita que conta con antecedentes como o Padre Sarmiento, pero que non se fai efectiva ata o século seguinte.

Na evolución do galeguismo distínguense tres etapas, nun camiño que vai na defensa da identidade propia dos galegos ata a reivindicación de Galicia como nación. Son os movementos que se coñecen como Provincialismo, Rexionalismo e Nacionalismo.

O Provincialismo e os Precursores

  • O Provincialismo xorde como un movemento político que perseguía facer de Galicia unha única provincia. O seu representante foi Antolín Faraldo.
  • Os provincialistas protagonizaron unha insurrección militar e civil que foi reprimida polo exército español e que rematou co fusilamento de doce oficiais.
  • Despois deste fracaso, o movemento centrouse na cultura e na reivindicación do idioma. A prensa convértese en canle de expresión de textos literarios en galego.
  • Destacan escritores como Francisco Añón e Xoán Manuel Pintos, coñecidos como os Precursores, os que preparan o camiño para o Rexurdimento.

Fitos do Rexurdimento (Década de 1860)

O Rexurdimento ten lugar na década de 1860:

  • 1861: Convócanse os primeiros Xogos Florais de Galicia.
  • 1862: PublícaseÁlbum de la Caridad, onde se recollen os poemas premiados. Esta obra convértese na primeira antoloxía da poesía galega contemporánea. Nela están representados Francisco Añón, Rosalía de Castro, Marcial Valladares ou Pondal.
  • 1863: Publicación deCantares Gallegos de Rosalía de Castro. Foi o primeiro libro escrito integramente en galego, onde Rosalía critica aos que menosprezan a Galicia e o galego.
  • Década de 1860: Xorden os primeiros dicionarios e gramáticas da lingua galega, con máis de tres séculos de diferenza con respecto doutras linguas románicas.

A Guerra Civil e a Posguerra

Obras comoSempre en Galiza de Castelao (1944), publicadas no exilio de Bos Aires, converteron a cidade na capital cultural de Galicia.

Resistencia e Institucionalización Cultural

  • 1950: Fúndase a Editorial Galaxia.
  • 1951: Nace a revistaGrial, prohibida en 1962 e que volve saír ao público en 1963.
  • Década dos 60: Nacen os primeiros partidos galeguistas da posguerra: o Partido Socialista Galego (1963) e a Unión do Pobo Galego (1964), que converxían no Bloque Nacionalista Galego. A lingua pasa a ser canle de publicacións clandestinas.
  • 1963: No centenario deCantares Gallegos, a Real Academia Galega institucionalizou o 17 de maio como Día das Letras Galegas.
  • Na seguinte década hai publicacións periódicas en galego:Teima,A Nosa Terra e a revista infantilVagalume.

Normalización Lingüística e Lexislación

Desaparece a ditadura e, coa Constitución de 1978, incorpóranse a lingua e a literatura galega ao ensino (1979).

  • 1981: Aprobación do Estatuto de Autonomía.
  • 1983: A Lei de Normalización Lingüística e o recoñecemento da lingua galega permiten a súa completa integración como materia do ensino, así como o seu uso na Administración.
  • 1985: Nace a TVG. Apróbase a Lei de Normalización Lingüística e elabórase o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado polo Parlamento de Galicia.

A lingua ve como se amplían os seus ámbitos de uso, aínda que, ao mesmo tempo, en moitos casos os pais xa non lles transmiten a súa lingua aos fillos. O galego mantense como lingua maioritaria da poboación galega, pero xa non entre os máis novos.

Descargar

PDF Word HTML