A vangarda na literatura galega: movementos e autores

Lingua e literatura3,22 KB

A vangarda na literatura galega do século XX

O século XX supón para Galiza un cambio importante a nivel literario. Prodúcese un movemento de modernización da literatura galega. No período de entreguerras xorden as vangardas, que pretenden renovar a temática de tódalas artes. O grupo Nós difundiu entre os escritores temas e técnicas das vangardas europeas. Escolas novas (-ismos) renovan a literatura e difúndense mediante manifestos. Aparece o manifesto vangardista ¡Máis alá!, con crítica ao ruralismo, defensa da nosa lingua e un chamamento á mocidade galega a encarar o porvir.

Na vangarda galega hai dúas tendencias: a vangarda plena e a matizada. Obras destacadas: De catro a catro e Proel.

Movementos vangardistas galegos

  • Surrealismo: Álvaro Cunqueiro con Poemas do si e non (1933). Presenta unha interpretación moi persoal, asociación de ideas e a influencia dos soños, pero cun pouso sentimental, sen a carga dramática que adoitan ter os textos surrealistas. Tamén presenta trazos de cubismo en Mar ao norde (1932).
  • Creacionismo: Manuel Antonio (Rianxo, 1900-1930) representa o mellor expoñente vangardista en Galicia. Publicou o manifesto Máis alá, novidoso polas alusións políticas. A súa obra principal (única publicada en vida) é De catro a catro. Follas sen data dun diario de abordo (1928). Consta de 19 poemas estruturados como unha viaxe marítima que simboliza a súa concepción pesimista da vida: en completa soidade e continua despedida. Estrutura superficial: unha viaxe marítima monótona, repetitiva e contraditoria (o tempo pasa pero está parado, só existe o presente). Estrutura profunda: viaxe interior, iniciática; visión desilusionada e negativa da vida desde a soidade.
  • Hilozoísmo: Movemento poético de máis éxito na época. Baixo unha forma tradicional (estrofas populares, rima asonante, versos medidos, lingua popular), preséntanos, a base de imaxes vangardistas, unha alternativa fronte ao sentimentalismo e a anécdota. O poema deshumanízase e a paisaxe humanízase. Destaca Luís Amado Carballo (1901-1927) con Proel (1927) e O galo (póstumo, 1928).
  • Neotrobadorismo: No ano 1928 publícanse as cantigas medievais, que acadan unha grande difusión e provocan a aparición desta corrente. Non é propiamente vangarda, senón unha reformulación de estilos e temas da tradición medieval, engadindo imaxes da poesía moderna. Continúa despois da guerra. Destacan: Bouza Brey (Nao senlleira, 1933) e Cunqueiro (Cantiga nova que se chama riveira, 1933; Dona do corpo delgado, 1950).

Descargar

PDF Word HTML