Exilio galego — autores, poemas, narrativas e teatro
Literatura galega no exilio
Como consecuencia da diáspora á que se viron abocados moitos intelectuais galegos por mor da represión iniciada no 1936, o centro da actividade literaria galega trasladouse a México e a Bos Aires.
Nesta última cidade os exiliados entraron en contacto cos que emigraran antes da sublevación militar — Blanco Amor, Emilio Pita… — e comezaron a impulsar revistas, libros e reimpresións para establecer deste xeito a continuidade dunha cultura ameazada.
De capital importancia foi o labor levado a cabo por Castelao, que se converteu nun referente da liberdade de Galicia, publicando Os vellos non deben namorarse e Sempre en Galiza.
Poesía (Xeración do 36)
Os autores pertencen á chamada Xeración do 36. Teñen certas coincidencias circunstanciais, temáticas e estilísticas.
Emilio Pita
- Jacobusland
- Cantigas de nenos
- Os relembros. As cantigas
Na súa poesía alíanse a musicalidade e os elementos naturais cunha certa reiteración no vocabulario.
Luis Seoane
Xunto con Isaac Díaz Pardo fundou o Laboratorio de Formas de Galicia (Sargadelos). Obras destacadas: Fardel de exiliado, que desde un punto de vista moi persoal canta a epopea anónima da migración galega; Na brétema, Sant-Iago; As cicatrices e A maior abondamente. A súa poesía alenta tres preocupacións: a dimensión social e política, o coñecemento histórico e cultural e o reflexo do mundo artístico.
Lorenzo Varela
Foi redactor da revista Romance e máis tarde da revista Taller. Obras citadas: Catro poemas para catro gravados, coñecida como María Pita e tres retratos medievais, que contén a exaltación de María Pita e a súa fazaña no cerco inglés á Coruña, a de Roi Xordo, a do bispo Adaúlfo e a de María Barteira; tamén Lonxe.
Narrativa
Ramón Valenzuela Otero
- Galicia emigrante
- Non agardei por ninguén
- Era tempo de apandar
As dúas últimas están ambientadas nos anos de posguerra.
Silvio Santiago
- Vilardevós
- O silencio redimido
Vilardevós está escrita con sinxeleza técnica e con intención crítica social; O silencio redimido é unha novela autobiográfica.
Teatro
Manuel Varela Buxán
- Se o sei... non volvo á casa
- Pola nosa culpa
- Taberna sen dono
- O ferreiro de Santán
- O cego de Fornelos
O seu teatro é popular, de liña cómica e sentimental, con ambientación no mundo rural.