A Literatura Galega na Fin do Século XX e Inicios do XXI
A Poesía na Década dos 90 e Inicios do S. XXI
A poesía destes anos caracterízase pola presenza importante de voces femininas que nos falan desde a súa experiencia. Os novos creadores agrúpanse en colectivos poéticos, amplíanse os medios de comunicación, especialmente o musical, restáuranse vellas canles como os recitais, danse a coñecer a través de fanzines, boletíns e follas voandeiras, xorden novas coleccións de comunicación poética, etc.
A Narrativa: Novos Camiños
Coa morte de Franco e coa celebración das primeiras eleccións democráticas, España entra nun novo período da súa historia. A narrativa desta época caracterízase pola procura da profesionalidade literaria do relato breve, especialmente a partir de finais dos 80, busca do gran libro de relatos galego e da gran novela galega, procura da profesionalidade literaria dos autores, conciencia da existencia dun mercado, creación de novas editoriais e de premios literarios, aparición dunha crítica con pretensións de profesionalidade, gran pluralidade de estilos e temáticas, etc. Estas características van estar relacionadas con acontecementos sociopolíticos, socioculturais, etc. como a persistencia de modelos anteriores e primeiros síntomas de renovación (1975-1980), eclosión de ditas características (década dos 80), etc.
A Narrativa de 1975-1980
A nova narrativa está formada por obras como Antón e os inocentes de Ferrín, Cara Times Square de Gonsar e obras de Casares como Vento ferido, Ilustrísima, etc. Xa en 1978 apareceron Os mortos daquel verán, Deus sentado nun sillón azul que é unha novela situada na posguerra. En 1977 publícase Dos anxos e dos mortos de Ballesteros, quen escribiu tamén Loaria e Non sei cando nos veremos.
Narrativa dos 80
Os 80 significan a consagración da narrativa galega como un verdadeiro sistema que se caracteriza pola publicación dun importante número de títulos, aparición de diferentes tendencias, etc., especial atención ao público xuvenil, apertura temática, etc.
A Liña Memorialística/Intimista
Descata Alcalá con A nosa cinza que conta as memorias dun neno burgués. Tamén escribiu: Fábula, Nos pagos de Huínca Loo, Alén da desventura, etc. Oca publica Un ano e un día, A fuxida, Beiramar, etc.
A Novela Histórica
Destacan Freixanes con O triángulo inscrito na circunferencia, cuxo argumento se sitúa entre o imaxinario e o propiamente histórico, O enxoval da noiva e A cidade dos césares. Conde: Memoria de Noa, Sempre me matan e O difícil que é matar nos cales se aproximou ás complexidades do mundo da emigración, María das batallas, etc.
O Relato Policial
Destaca Reigosa con Crime en Compostela, O misterio do barco perdido e Narcos.
A Narrativa Fragmentaria/Experimental
Destaca Suso de Toro con Polaroid en cuxas páxinas intenta captar as contradicións e conflitos da sociedade do noso tempo. Tamén publicou Land Rover, Tic-Tac, Home sen nome, etc.
A Narrativa de Ferrín
Nos 70 publica Retorno a Tagen Ata, Elipsis e outras sombras e Antón e os inocentes, nas cales entra nun proceso de transición entre elementos da etapa anterior coa persistencia de certo fragmentarismo, etc. Ten tamén unha etapa ideolóxica con expresión dun eido alegórico ou de política-ficción onde a temática é a violencia. Nos 80 publica Crónica de nós, Amor de Artur, Bretaña Esmeraldina, etc. Amor de Artur está composto de 5 narracións que afondan na experimentación das posibilidades estéticas da continua tensión entre fantasía e realidade. En 1987 publica Bretaña Esmeraldina, unha novela na cal tentou desenvolver en amplitude todos os elementos que configuran o seu propio cosmos literario, político e sentimental. Con Arraianos explora posibilidades estéticas e lingüísticas dun espazo primitivo e semiesquecido que converte nun territorio onde suceden historias de terror, etc.