A Virtude na Filosofía Grega: De Aristocracia a Xustiza
A Virtude: Definición e Evolución Histórica
A definición de "areté" (virtude) foi variando ao longo da historia do pensamento grego. Podémola dividir en catro acepcións, de acordo coa época:
1. Período Aristocrático
A virtude non tiña un significado moral ou relixioso. Era unha calidade intrínseca da aristocracia (o nobre, polo feito de selo, xa posuía valor, beleza e poder de decisión tanto no eido militar coma no político, baseado nun saber instintivo que lle facía elixir mellor). Non obstante, a nivel individual o nobre tiña que demostrar esas calidades. A proba fundamental de que un posuía virtude era o éxito nas empresas ou a fama. Esta virtude, na práctica, consistía nun comportamento baseado fundamentalmente na tradición....